Saltar

Unha oficina acolledora deseñada para fomentar as interaccións dinámicas

Adéntrate nunha oficina que zumega vitalidade por todas partes. Co seu deseño centrado nas persoas, este espazo combina suaves formas orgánicas coas liñas depuradas dos artigos básicos de oficina. A madeira clara e os detalles de cor negra crean un espazo reconfortante á vez que funcional, que fomenta o benestar e a colaboración espontánea.

Unha oficina grande e diáfana de estilo moderno con escritorios elevables MITTZON colocados no medio do espazo.
Unha oficina grande e diáfana de estilo moderno con escritorios elevables MITTZON colocados no medio do espazo.

Participa, flúe e colabora

Fomenta a colaboración dinámica nunha oficina que combina estilo e función. As mesas flexibles de cor verde achegan un toque de cor á paleta monocromática e as pantallas móbiles crean zonas de traballo versátiles. É un espazo deseñado para o dinamismo do traballo creativo en equipo.

Velaquí as mesas de conferencias MITTZON
Unha oficina ampla e luminosa con escritorios elevables MITTZON e unha estrutura MITTZON con rodas que ten ilustracións fixadas nela.
Unha persoa cun xersei beixe movendo unha mesa pregable MITTZON con rodas en cor verde dun espazo de almacenaxe para mesas.
Velaquí as mesas de conferencias MITTZON

Recunchos acolledores cun toque natural

Aposta pola fusión entre o urbano e o orgánico como o recuncho desta oficina. As cadeiras de brazos en gris escuro e o contorno de formigón compleméntanse á perfección coas plantas circundantes, creando un espazo único para traballar ou relaxarse.

Velaquí todos os separadores de ambientes e escritorio MITTZON
Tres cadeiras de brazos e un soporte para portátil pregable MITTZON con rodas rodeados de plantas nun espazo con paredes de formigón.
Velaquí todos os separadores de ambientes e escritorio MITTZON

Unha oficina dentro da oficina

Este espazo de traballo foi coidadosamente deseñado para fornecer confort e inspiración artística. As cadeiras ergonómicas e os escritorios de altura regulable electricamente crean espazos de traballo adaptados ás necesidades individuais. As creativas obras de arte na parede dan vitalidade ao espazo, o que reflicte o compromiso de crear un contorno inspirador.

Velaquí todos os escritorios de oficina
Unha oficina de estilo moderno con ilustracións enmarcadas e unha cadeira de oficina GRÖNFJÄLL con repousabrazos en Letafors negro agrisado.
Unha oficina moderna cunha persoa sentada a carón dun escritorio elevable MITTZON mentres conversa cunha compañeira.
Velaquí todos os escritorios de oficina

Unha estación de traballo temporal á que non lle falta de nada

Non che queda outro remedio que traballar? Atopa consolo nesta estación de traballo temporal mais completamente equipada. Este espazo, con pantallas con textura areosa e unha cadeira ergonómica, ofréceche un contorno apracible para concentrarte no traballo, como se estiveses en calma na beira do mar.

Velaquí os produtos acústicos MITTZON
Unha oficina ampla e luminosa con estacións de traballo e cadeiras de oficina HATTEFJÄLL separadas por paneis acústicos MITTZON.
Velaquí os produtos acústicos MITTZON

As decisións importantes requiren unha sala máis grande

Esta sala de reunións grande combina estilo e privacidade. O espazo está adornado cunha mestura de elementos gráficos e orgánicos, mentres que as cortinas suavizan os ángulos e ofrecen unha capa adicional de privacidade para as conversas importantes.

Velaquí todas as cadeiras de reunións
Unha sala de reunións, enmarcada por unha gran fiestra, con paneis de madeira cun deseño a cadros e escritorios elevables MITTZON.
Velaquí todas as cadeiras de reunións

Conversacións reconfortantes

Aquí atoparás unha tranquila zona de reunións cun toque natural grazas á parede chea de plantas e os detalles de madeira. As delicadas curvas dos mobles, combinadas cunha suave iluminación ambiental, fornecen un remanso de paz para reunións improvisadas e creativas postas en común.

Velaquí todas as lámpadas colgantes
Unha zona de reunións con chans de madeira, unha mesa de conferencias MITTZON e plantas colocadas nunha estrutura con rodas.
Primeiro plano dos aneis da pantalla de lámpada colgante DYKARKLOCKA en carballo vernizado.
Velaquí todas as lámpadas colgantes

O ambiente dunha sala de estar na oficina

O esquema de cores deste cómodo recuncho é totalmente oposto ao do resto da oficina. Os tons son gris escuro, con toques de cor dos coxíns e os detalles de madeira clara da mesa de centro. A calidez da madeira clara tamén destaca nos postes, feitos de bidueiro, que crean privacidade sen illar.

Catro cadeiras de brazos con orellas OSKARSHAMN en Gunnared negro agrisado con coxíns decorativos colocados arredor dunha mesa de centro redonda.

Unha pausa para descansar

Fóra, o caos e o balbordo; dentro, reina a paz. Os mobles sinxelos de madeira achegan calidez ao interior de formigón. Abunda a vexetación, con testos e peitorís cubertos de plantas, que da vitalidade e unha sensación reconfortante. Este lugar, onde a natureza fusiónase co urbano, resulta ideal para gozar dunha pausa para comer.

Unha zona de comedor moderna con grandes fiestras que dan á rúa. Hai unha cadeira LISABO negra a carón dunha pequena mesa e un banco.

A maxia do portátil: do taller á conferencia

Imaxina un espazo que poida pasar de taller inspirador a cativadora sala de conferencias con facilidade. Aquí, as cadeiras amontoables e os soportes móbiles permiten reorganizar o espazo nun chiscar de ollos. O contorno é amplo pero acolledor, e fomenta a colaboración e a innovación. Un lugar que combina estilo e función, onde cada evento se desenvolve á perfección.

Velaquí todos os separadores de ambientes
Espazo dunha oficina con dúas estruturas MITTZON con rodas usadas como colgadoiros e outras dúas con plantas en testos.
Un espazo moderno con chans e paredes de formigón en gris escuro. As cadeiras de reunións LÄKTARE están colocadas mirando cara a unha pantalla grande.
Velaquí todos os separadores de ambientes

Unha conferencia, unha celebración... o que sexa

Esta oficina é un símbolo da versatilidade. As mesas de conferencias con rodas adáptanse á perfección e crean un contorno amplo e natural. Aquí, cada ocasión celébrase con estilo, facendo fincapé na harmonía entre o traballo e a celebración.

Varias persoas reunidas arredor de mesas pregables MITTZON con rodas. Hai unha morea de libros e unha bandexa con vasos.

Antes de mercar

Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.