Saltar

Un toque moderno e acolledor para a clásica oficina con paneis de madeira.

Talvez a funcionalidade sexa a chave, mais a eficiencia non é o único aspecto ao que se lle debe prestar atención no lugar de traballo. Un ambiente acolledor e un pequeno espazo para a expresión persoal son tamén detalles importantes para que un negocio prospere. Dámosche a benvida ao traballo!

Espazos de traballo con escritorios TROTTEN brancos e cadeiras de oficina HATTEFJÄLL e LÅNGFJÄLL nunha oficina con moqueta e paneis de madeira marróns.
Espazos de traballo con escritorios TROTTEN brancos e cadeiras de oficina HATTEFJÄLL e LÅNGFJÄLL nunha oficina con moqueta e paneis de madeira marróns.

Un espazo de traballo posto a punto, ao alcance da man

Prefires sentar, ficar de pé ou ir dun lado para outro? Sexa cal for a resposta, é imprescindible adoptar unha postura ergonómica traballando. Por iso mesmo, os nosos escritorios, cadeiras e accesorios permítenche atopar a postura axeitada para ti.

Velaquí todos os escritorios para traballar de pé
Unha persoa a carón dun escritorio TROTTEN branco suxeitando a manivela de axuste de altura. Ao lado do escritorio, hai outro idéntico pero algo máis baixo.
Velaquí todos os escritorios para traballar de pé

Regálate unha elegante base para a pantalla do ordenador

Coidar o teu corpo no traballo non se limita a adoptar unha postura axeitada ao sentar ou ficar de pé. Elevar a pantalla cunha base para monitor ELLOVEN é moi doado, e grazas a ela poderás aliviar a tensión dos ombros, o pescozo e os ollos.

Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio
Un espazo de traballo cunha rosca nun prato pequeno á beira dunha base para pantalla ELLOVEN branca sobre un escritorio de altura axustable TROTTEN da mesma cor.
Velaquí todos os organizadores e accesorios de escritorio

Axuda para o traballo de todas as formas e tamaños

É normal que un lugar de traballo estea enfocado no rendemento, os horarios e os prazos de entrega. Aínda así, lembra que debes combinar eses elementos con algo de flexibilidade. Por exemplo, podes incorporar un andel persoal ou taboleiros perforados, que son moi versátiles. E non esquezas gozar do fika dos venres cos teus compañeiros. Quizais, ata poidas coroalo todo cunhas cuncas pintadas á man por ti.

Notas e accesorios de escritorio fixados a un taboleiro perforado SKÅDIS branco baixo un andel BERGSHULT da mesma cor nunha parede con paneis de madeira marróns.

Un pouco de privacidade, onde a cando a necesites

Sexa unha oficina aberta ou non, ás veces fai falta illarse un pouco, e aí entra o taboleiro de notas TROTTEN: ten dúas caras (unha é unha lousa, e a outra, un tecido suave), absorbe o ruído e pode moverse sen dificultade.

Notas e unha foto fixadas a un taboleiro de notas TROTTEN branco, acoplado a un escritorio TROTTEN que combina co taboleiro.

De escritorio a mesa de conferencias (e viceversa)

Está claro que as grandes mesas de reunións teñen o seu encanto. Aínda así, tamén resulta moi práctico ter escritorios modulares que poidas agrupar e separar nun pestanexo segundo as túas necesidades.

Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador
Un espazo para conferencias con moqueta e paneis de madeira marróns, con dous escritorios TROTTEN brancos e dúas cadeiras de oficina LÅNGFJÄLL de cor beixe e branca.
Velaquí todos os escritorios e mesas de ordenador

Almacenaxe segura para no telo todo á vista.

Os documentos e arquivos son cousa do día a día nunha oficina. Os armarios TROTTEN permiten organizalos con facilidade, por moito volume que ocupen, e ofrecen outras dúas calidades moi importantes: lograr que sexan accesibles e, ao mesmo tempo, que non estorben.

Velaquí todos os módulos de almacenaxe e armarios de oficina
Unha estancia con paneis de madeira marróns. Un armario TROTTEN branco con portas corredizas; hai arquivadores no seu interior e unha lámpada de mesa DEJSA enriba.
Unha chave pendura da fechadura dun armario TROTTEN branco con portas corredizas; está parcialmente aberto e hai documentos e caixas TJENA no seu interior.
Velaquí todos os módulos de almacenaxe e armarios de oficina

Velaquí máis oficinas e lugares de traballo