Saltar

Un oasis moderno que tamén é unha oficina comercial

Entra nunha comunidade de traballo flexible e ben equipada, deseñada para combinar produtividade e benestar cun toque caseiro. O ingrediente secreto? O deseño biofílico: unha idea baseada en conectar os interiores coa contorna natural mediante o uso directo ou indirecto da natureza. Prepárate para inspirarte.

Unha oficina suavemente asollada, con varios espazos de traballo rodeados de moitas plantas vizosas, adornos e arte mural.
Unha oficina suavemente asollada, con varios espazos de traballo rodeados de moitas plantas vizosas, adornos e arte mural.

Un espazo de traballo completo cun ambiente de benestar

Unha cadeira ergonómica xunto a un escritorio de altura regulable é un bo punto de partida. Despois, engade detalles que son igual de importantes. Unha harmoniosa mestura de texturas e materiais relaxantes e que reducen o ruído. Plantas naturais ou artificiais por todas partes. Maximiza o fluxo de luz natural. Ves a diferenza?

Velaquí todas as cadeiras de oficina
Un espazo de traballo asollado, cun escritorio de pé/sentado TROTTEN e unha cadeira de oficina HATTEFJÄLL, xunto a unha fiestra chea de plantas verdes.
Velaquí todas as cadeiras de oficina

Almacenamento e organización (a xeito de decoración)

Os estantes e os armarios son necesarios e prácticos, pero non deixes que sexan o que máis chame a atención. As plantas, as lámpadas e as cestas trenzadas axudan a suavizar os bordos afiados. Monta un espazo con compartimentos para a expresión persoal. Quizais un estante de intercambio de libros?

Velaquí todas as librarías e mais estantes
Estantes montados na parede KALLAX efecto carballo con plantas e adornos na parte superior, e cestas LUSTIGKURRE, entre outras, no interior.
Unha oficina luminosa con armarios TROTTEN brancos de portas corredizas situados debaixo de obras de arte enmarcadas.
Velaquí todas as librarías e mais estantes

Un camaleón verde nas zonas compartidas

Unha relaxante parede de plantas artificiais crea ambiente nesta zona flexible. Os mobles con rodas, fáciles de mover, axudan a que todo flúa facilmente. Con pantallas que illan do ruído, o espazo está preparado para calquera cousa, dende reunións informais ata presentacións de alto nivel.

Velaquí todas as mesas de reunións e conferencias
A xente conversa ao redor de mesas TROTTEN agrupadas nun espazo de reunión enmarcado por unha pantalla EILIF e un muro vexetal FEJKA.
Velaquí todas as mesas de reunións e conferencias

Camiña, fala

Están todas as salas ocupadas? Os estudos indican que celebrar reunións mentres se está fisicamente activo pode mellorar a creatividade e o pensamento á hora de resolver problemas. Colle unha batería, sal á rúa e despexa a mente mentres avanza o proxecto.

Velaquí todas as pilas e os cargadores de pilas
Unha muller nova, risoña e vestida de xeito informal, camiña polo bosque cun teléfono conectado a unha batería VARMFRONT.
Velaquí todas as pilas e os cargadores de pilas

Asentos para comer para todos os gustos

Non teñas medo de saírte do común. Aquí temos varios espazos conectados, amoblados con tons terrosos, ratán trenzado e follas verdes. O ambiente invita a pasar un momento relaxado, tanto se estás aquí para comer como para tomar un petisco, só ou acompañado, parolando ou en silencio.

Velaquí todas as cadeiras de comedor
Unha sala espazosa con cadeiras de brazos VEDBO de cor verde claro ao redor dunha mesa de centro JAKOBSFORS. A parede do fondo está cuberta con plantas artificiais.
Velaquí todas as cadeiras de comedor

Unha zona de reciclaxe máis acolledora

Ás veces pode resultar difícil facer que a zona para reciclar latas ou outros residuos sexa acolledora. Pero se a combinas cun expositor para os accesorios que son necesarios á hora de xantar, será moito máis doado. Logo engade unha planta ou tres.

Velaquí a serie KUNGSFORS
Unha ringleira de caldeiros do lixo SORTERA colocados xunto a unha parede con baldosas brancas e estantes KUNGSFORS cargados de vaixelas.
Velaquí a serie KUNGSFORS

Quen precisa unha mesa de reunións?

Os espazos de reunión poden ser imprescindibles, pero o seu aspecto é unha cuestión aberta. Tenta crear unha zona que faga que a xente se sinta a gusto, e logo sigue a partir de aí. Cómodos asentos e plantas en testos. Téxtiles, iluminación regulable e un purificador de aire. Un lugar para o mellor tipo de reunión: breve, produtiva e vigorizante.

Velaquí todas as cadeiras de traballo
Cadeiras de sala de xuntas TOSSBERG ao redor dunha mesa STARKVIND con purificador de aire nunha zona con cortinas e moitas plantas.
Velaquí todas as cadeiras de traballo

As vantaxes de ter de veciños a outros negocios

Nun lugar de cotraballo, albergar actividades separadas baixo un mesmo teito pode ser, con frecuencia, unha situación beneficiosa para todos. Aquí, un masaxista utiliza mobles estilizados para maximizar o espazo sen reducir a sensación natural da estancia. Falando de promover o benestar xeral no lugar de traballo!

Velaquí a serie de almacenaxe OMAR
Unha habitación con carriño NISSAFORS branco á beira duns estantes OMAR cheos de obxectos feitos de diferentes materiais naturais.
Velaquí a serie de almacenaxe OMAR

O vestíbulo que desexarías ter na casa

Sempre hai que coidar ese primeiro espazo que ve un visitante, posto que dá unha idea da xente que traballa aí. Reserva un espazo para deixar as bicicletas e os obxectos persoais. Moitos ganchos para a roupa de abrigo e un espello para comprobar que todo está no sitio. Voilà, de nada.

Velaquí todos os ganchos
Nunha oficina luminosa, unha ringleira de armarios HÄLLAN brancos con portas corredizas debaixo dunha combinación de taboleiros de notas SKÅDIS brancos.
Unha estancia espazosa cun banco de ratán TOLKNING con almacenaxe debaixo de colgadoiros HÖVOLM con varias pezas de roupa penduradas.
Velaquí todos os ganchos

Sentar nun escritorio é opcional

A zona de descanso é á vez parte da oficina e unha entidade independente. Rodeada de suaves toques de luz, son, arte e materiais naturais. Pero, ao tempo, con certa privacidade grazas ás cortinas. Ademais de para socializar, é ideal para traballar de forma flexible e poder reorganizala sempre que sexa necesario levar a cabo outras actividades.

Velaquí a serie de sofás JÄTTEBO
Unha estancia na que unha persoa traballa dende un soporte para portátil BJÖRKÅSEN, sentada nun sofá JÄTTEBO e a carón dun separador de ambientes TOLKNING.
Velaquí a serie de sofás JÄTTEBO