Ideas de deseño para que o vestíbulo sexa a alma do hotel
Un bo hotel non só coida as habitacións. Mais que é o que de verdade fai que destaque? Podería ser unha hospitalidade auténtica, unha localización excelente, un restaurante acolledor ou, simplemente, espazos ben deseñados para que te sintas como en casa. Espazos que animen os convidados a baixar o ritmo, acomodarse e relaxarse. Case sempre, a experiencia comeza no vestíbulo: un espazo acolledor e versátil que marca o ton da estancia, reflicte a identidade do hotel e sirve para todo, desde reunións rápidas ata momentos de relaxación.

Unha entrada sinxela
A recepción adoita ser a primeira parada dos hóspedes cando chegan. Aquí, os membros do persoal teñen unha visión xeral clara grazas aos escritorios elevables MITTZON, que se combinan con prácticos armarios para telo todo organizado con discreción. Xusto ao lado da recepción, os hóspedes poden facer o rexistro de entrada por si mesmos no aparador TONSTAD, montado xunto a un taboleiro perforado con mapas e folletos que lles dan ideas para explorar a zona. A sala para gardar a equipaxe, ao lado, ofrécelles a posibilidade de gardar as súas cousas de xeito ordenado, seguro e fóra da vista en caso de que cheguen máis cedo ou precisen unhas horas máis antes de marchar.
Un espazo natural para parolar
O vestíbulo está deseñado como un espazo dinámico que se adapta a todo tipo de visitantes. A zona de reunión convértese no mellor sitio para botar unha ollada ao correo, planificar o itinerario ou reunirse con clientes sobre a marcha. A combinación de mesas de distintos tamaños ofrece superficies versátiles que poden usarse tanto para facer unha chamada rápida como para traballar durante horas. Ao fondo, os armarios TONSTAD achegan funcionalidade e danlle un toque persoal ao espazo. Co acabado de chapa de carballo e o deseño atemporal, achegan certa sensación de natureza, sen renunciar á sinxeleza sueca.
Un lugar acolledor onde pasar o tempo
Os vestíbulos son o lugar de espera por excelencia, algo que tamén hai que ter en conta. Unha sala acolledora é o sitio perfecto para que os hóspedes fagan unha pausa. Podes crear un ambiente cálido e natural con cadeiras de brazos de ratán e unha mesa de centro de chapa de carballo da colección STOCKHOLM 2025, e engadir un sofá dunha cor alegre para darlle un toque distintivo. Converterase no espazo propicio para agardar se chegan cedo, facer tempo entre varios plans ou, simplemente, descansar un pouco. Coidar a comodidade e os detalles axuda a crear unha primeira impresión moi positiva do teu hotel para que os hóspedes saiban que están en boas mans desde o momento en que cheguen.
Hospitalidade sen esforzo a través dos detalles
Nun vestíbulo concorrido, os pequenos detalles non pasan inadvertidos. Unha zona de bebidas é moito máis do que parece: ofrece un espazo cómodo para baixar o ritmo, fomenta a satisfacción dos hóspedes e contribúe a que todo discorra mellor. Unha vitrina STOCKHOLM 2025 cun dispensador de bebidas, vasos e botellas para o autoservizo. A carón da recepción, unha pequena tenda composta por varias combinacións de almacenaxe TONSTAD dálles a oportunidade aos hóspedes de mercar algo para petiscar. Mentres o persoal xestiona os pagamentos, esta zona potencia a eficiencia e as vendas, o que se traduce nunha mellor experiencia xeral dos hóspedes.
Antes de mercar
Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.































