A axencia ampla e de planta aberta
Mesmo unha empresa seria pode crear unha contorna liberadora e respectuosa co medio ambiente. Explicámosche como creamos un espazo de traballo para unha axencia no que incluímos plantas para darlle vida e cor.
Os estantes son ideais como divisores, e os armarios individuais fan que o espazo de traballo estea menos sobrecargado. Estes armarios tamén son magnéticos, o que che permite convertelos nun taboleiro multifunción para pegar recordatorios, ideas e bosquexos. Coloca unha ou dúas suculentas enriba para darlle vida.
Saúda unha área de descanso respectuosa co medio ambiente: estas cadeiras están feitas de madeira renovable e plástico reciclado. Unha área de planta aberta pode fomentar as conversacións e as colaboracións.





