Galería de inspiración para espazos de negocios
Andas na procura de ideas para amoblar e decorar o teu espazo de negocio? Ben sexa para unha oficina, ben sexa para un restaurante ou unha tenda, aquí tes moita inspiración, axuda e consellos prácticos.
Oficina
Precisas configurar un espazo que mellore a concentración e a comodidade e fomente a colaboración? Explora ideas para amoblar oficinas de todos os tamaños, desde escritorios flexibles e cadeiras ergonómicas até almacenaxe intelixente e zonas de descanso acolledoras.
Cafetaría e restaurante
Crea un espazo acolledor que se converta no lugar de reunións preferido. Encontra inspiración para crear configuracións de asentos, zonas de servizo e cociñas que ofrezan un equilibro entre estilo, eficacia e ambiente, tanto se dirixes unha cafetaría como un bistró ou un restaurante con todos os servizos.
Comercio
Crea unha tenda fácil de explorar onde traballar sexa un pracer. Descubre formas intelixentes de expor os produtos, organizar as existencias e crear unha experiencia do cliente fluída, ao mesmo tempo que reflictes a esencia da túa marca.
Aloxamento
Deseña estancias tan acolledoras como un fogar. Quer para un hotel, un hostal ou un apartamento, encontrarás ideas para amoblar os dormitorios e as zonas comúns sen renunciar á comodidade, á durabilidade nin ao estilo.
Sector residencial
Buscas solucións de mobiliario para fogares acabados de construír ou propiedades para alugar? Explora ideas intelixentes e compactas para cociñas, baños, dormitorios e salas de estar. Deseñadas para ser fáciles de instalar e usar, é imposible non adoralas.
Antes de mercar
Estas solucións conteñen unha mestura de artigos deseñados para un uso doméstico e non doméstico. Comproba que as túas compras cumpren as normativas e son axeitadas para o uso previsto na túa zona. Contacta con IKEA para Empresas para obter máis información sobre a gama.