Saltar

Financiamento para o teu negocio

Podes solicitar o pagamento aprazado das túas compras a 30 e 60 días ou financialas ata 48 meses.

Dálle un novo aire ao teu negocio e finánciao.

O servizo de Financiamento para Empresas permitirache adaptarte ás túas necesidades de mobiliario e ofrecerache un xeito sinxelo de pagar os teus produtos IKEA.

Independentemente do tipo de negocio que teñas, fixemos que sexa aínda máis sinxelo para ti. Mantén os teus custos baixo control dende o primeiro día sen realizar un gran desembolso e deixa ese orzamento dispoñible para o teu negocio.

Pagamento aprazado*

Podes solicitar o pagamento aprazado* das túas compras a 30 e 60 días.

Financiamento*

Podes financiar as túas compras en IKEA desde 3 ata 48 meses.

*Suxeito a estudo e aprobación por Santander Consumer Finance S.A

Poñémoscho fácil

Ofrecémosche moitas opcións de pagamento para o teu negocio a través da nosa plataforma de venda a distancia de IKEA para Empresas. Cando vaias pagar, selecciona "Financiamento" e a modalidade de Pagamento Aprazado ou Financiamento que desexes e poñerémonos en contacto contigo para xestionar o teu financiamento.

Documentación necesaria para o Pagamento Aprazado ou o Financiamento

Documentación autónomos

  • DNI
  • Declaración da renda modelo 100 ou resumo anual do IVE modelo 390
  • Documento acreditativo da conta bancaria de domiciliación

Documentación PEMES:

  • Documento identificativo da sociedade: CIF
  • Escrituras de Constitución e Poderes
  • Documento identificativo dos apoderados: DNI
  • Último Imposto sobre Sociedades (modelo 200)
  • Balance da situación e conta de resultados
  • Últimos IVE presentados (mensuais, trimestrais ou anuais)
  • Documento acreditativo da conta bancaria de domiciliación

Rede IKEA para Empresas

Se aínda non formas parte da Rede IKEA para Empresas, únete agora e goza de todas as vantaxes que che axudarán a facer medrar o teu negocio.

Descubre todo o que che ofrece.

Únete á Rede

Xa es membro da Rede IKEA para Empresas? Inicia sesión