Financiamento para empresas e autónomos
Construír un negocio propio é un dos procesos máis duros e, á vez, máis gratificantes que poida haber na nosa vida laboral: os plans, o estrés, as obras (sobre todo as obras), o inventario, os mobles... Non desesperes: axudámosche co mobiliario e os accesorios a través destes plans de financiamento para empresas. Deixa os teus clientes coa boca aberta cada vez que te visiten.
Fracciona o pagamento ata en 10 meses (TAE: 0%)*
Do 1 de febreiro ao 1 marzo de 2025, por ser da Rede IKEA para Empresas, podes financiar a túa compra ata en 10 meses sen xuros TAE: 0%*
- Financia a compra de mobles para a túa empresa
- Compras ata 10 000€
- Paga a prazos en 3, 6 ou 10 meses
- O teu préstamo, en cotas mensuais sen xuros TAE: 0%(*)
Como comezo?
- Utiliza a nosa calculadora para simular cal sería o teu financiamento*
- Consulta aquí a documentación necesaria
- Contacta connosco por teléfono ou na túa tenda IKEA preferida para realizar o financiamento
* Suxeito a estudo e aprobación por Santander Consumer Finance, S. A.
Documentación necesaria para Pagamento Aprazado ou Financiamento
Documentación para autónomos:
- DNI
- Declaración da renda (Mod. 100) ou resumo anual de IVE (Mod. 390)
- Documento acreditativo da conta bancaria de domiciliación
Documentación pemes:
- Documento identificador da sociedade: CIF
- Escrituras de Constitución e Poderes
- Documento identificador dos apoderados: DNI
- Último Imposto de Sociedades (Mod. 200)
- Balance de situación e conta de resultados
- Últimos IVE presentados (mensuais, trimestrais ou anuais)
- Documento acreditativo da conta bancaria de domiciliación
Condicións legais
* Prazos de financiamento de 3, 6 e 10 meses (TAE: 0%). Importe mínimo que financiar de 100€ para 3 meses, de 300€ para 6 meses e de 3000€ para 10 meses. Importe máximo que financiar: 10 000€. Exemplo de financiamento de 5000€.Prezo ao contado: 5000€. Prazo de 10 meses; 10 cotas de 500€; Tipo Debedor Fixo: 0%; TAE: 0%. Comisión de apertura: 0€. Xuros subvencionados por IKEA Ibérica. Importe Total do Crédito: 5000€; Custo Total do Crédito: 0€; Importe Total Debido: 5000€. Prezo total a prazos: 5000€. Con data de contratación o 1/2/2025, e do primeiro pagamento, o 1/3/2025. Sistema de amortización francés. Oferta válida dende o 01/02/2025 ata o 01/03/2025. Financiamento ofrecido e suxeito a estudo e aprobación por parte de Santander Consumer Finance, S. A.