Compras máis intelixentes coa aplicación IKEA
Se tes algún proxecto na mente ou buscas novas ideas, a aplicación IKEA é a túa primeira parada para inspirarte. Explora, atopa ofertas e descontos personalizados, visualiza o espazo dos teus soños e encontra todo o que precisas para mercar en liña ou preparar a túa próxima visita á tenda.
Escanea o código QR ou fai clic no botón para descargar a aplicación

Escanea e aforra tempo ao pagar!
En que consiste e que vantaxes ten?
Ao usar a aplicación IKEA cando visitas a túa tenda máis próxima, poderás pagar de xeito máis rápido. Escanea os teus artigos co teléfono no momento en que os recolles durante o teu paseo pola tenda. Así, controlas o teu gasto polo camiño e podes pagar moito máis rápido. Sinxelo e cómodo.
Como funciona?
- Descarga a aplicación IKEA en Google Play (Android) ou na App Store de Apple (iOS).
- Escanea os produtos na tenda antes de gardalos no carro ou na cesta.
- Paga en caixa co QR que xera automaticamente a aplicación. Feito!
Elixe o teu sofá novo dende o teu sofá actual
Soa como un paradoxo, pero é a realidade da aplicación IKEA. Podes mercar dende calquera lugar, seguir e xestionar os teus pedidos, consultar a túa listaxe da compra, comprobar a dispoñibilidade dos produtos tanto na tenda como en liña ou, se o prefires, prepararte para vir vernos.
Visualiza o espazo dos teus soños e os produtos en 3D
Se te preguntas como vai quedar esa cama no teu dormitorio ou se cabe un escritorio nese oco no que pensaras, esta función é para ti. Con IKEA Kreativ, podes escanear o teu espazo na aplicación IKEA, visualizar os artigos colocados xuntos e resolver as túas dúbidas.
Déixate levar: amosarémoste o camiño máis rápido
Se non queres que te validen o Camiño de Santiago cada vez que nos visitas, a aplicación IKEA inclúe unha función que che amosa o mapa da túa tenda IKEA, a túa localización e o lugar onde se atopa o teu produto. Mesmiño que nun navegador. Nestes intres, está habilitada en todas as nosas tendas, agás nas de A Coruña, Asturias, Badalona, Sevilla e Zaragoza.
Fai o teu pedido de bistró en liña e recólleo.
Cantas veces viches a cola que hai no bistró da túa tenda IKEA e deuche preguiza agardar? A aplicación permíteche facer o teu pedido en liña; así, nós avisarémoste cando estea listo e o poidas recoller. Podes consultar a súa dispoñibilidade na túa tenda IKEA favorita.