Xogos para que os nenos se entreteñan na casa estas vacacións sen tecnoloxía
Deixa voar a túa imaxinación e goza cos teus fillos destes xogos para facer na casa en familia!


A importancia de xogar empregando unicamente a imaxinación
Sabes o importante que é para os nenos xogar coa súa imaxinación como única ferramenta? O informe sobre o xogo que realizamos en IKEA ensínanos que é fundamental facelo cada día para estar conectado, recargar as pilas, analizar, evadirse, crear e por suposto divertirse.
É máis: todos debemos xogar! Por iso moitas veces non hai plan que valla, non hai normas. Só debemos deixar que eles liberen a súa imaxinación e que todos, xuntos, xoguedes a volver ser nenos. Deixa que corran, que se agochen, que xoguen ás tendas, a crear unha historia cos seus xoguetes favoritos. Xogar, xogar e xogar é o mellor dos plans.
Así que dedica cada día un anaco a volver ser nenos: sen videoconsolas, sen tableta, sen televisión. Só vós e a vosa imaxinación. Neste caso o plan a seguir é non seguir un plan.
Para os máis nerviosos: un lugar no que moverse e xogar sen perigo
É unha realidade: pasamos demasiado tempo perseguindo os nenos para que non corran, para que teñan coidado con non tropezar con este moble ou con aqueloutro, para que non xoguen aquí ou alá. Pero a verdade é que ás veces isto é como poñerlle "portas ao campo".
Entre todos podedes despexar o salón ou o seu cuarto de mobles, apartalos todos a un lado e deixar o centro completamente libre. Cuns sinxelos colchóns no chan, poderán xogar a pelexas de coxíns, facer viravoltas, unha exhibición de ximnasia, poñerse cabeza abaixo ou o que lles dea a gana!
Ti quedas tranquilo (ou podes tirarte ao chan con eles!) e os teus fillos gozan e móvense sen perigo ningún.
Os nenos xogan mellor sós se teñen as cousas ao seu alcance
Sabemos que moitas veces non podemos facer plans todos xuntos ou sinxelamente queremos que os nenos aprendan a xogar de xeito independente.
Recomendámosche por iso que coloques unha zona accesible para eles na que estean ordenados e clasificados todos os seus xogos, xoguetes e libros. Podes axudarlles a ordenalos por compartimentos a través de etiquetas co nome do que vai nese espazo. Se teñen as súas cousas á man sempre que queiran, xogarán moito mellor soíños.
Podes aproveitar estes días de vacacións para crear este pequeno recuncho de orde e poñelo en práctica. Agora que os Reis traerán novos xoguetes, será do máis útil...
Xogamos a ser un xefe de cociña de primeira?
Agora que tan de moda están os programas de cociña, tamén entre os pequenos, xogar a ser todo un xefe de cociña pode ser un plan superdivertido e entretido para este Nadal.
Tedes dúas opcións: se os teus fillos son aínda moi pequeniños (menos de 5/6 anos) o mellor é que xoguedes coa nosa cociña DUKTIG ou ben creando un recunchiño coma este no que, con moitos dos nosos xoguetes, poderedes recrear unha cociña marabillosa.
Se os teus nenos son maiores, podes aproveitar estes días en familia para que te axuden con cousas doadas na cociña: facer galletas, bater uns ovos, decorar algunha sobremesa... Cousas sinxelas e con supervisión que vos farán pasar un anaco xenial.
O momento perfecto para axudarlles a fomentar a lectura
A lectura debería ser un hábito para calquera neno. Un plan que sempre lles apeteza facer.
En IKEA temos moitos libros para os máis pequenos, para que se inicien na lectura, que ademais contan coa personaxe principal feita peluche. Así, ademais de ler o conto, poderán darlle vida co xoguete. Por que non creas un recuncho no salón ou o seu cuarto no que o teu fillo poida internarse no mundo da lectura?
Pensade que se vos ve facelo, será moito máis doado... Así que xa sabedes!
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou utilizar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.