Volta ao cole cun estilo diferente: personaliza o seu material escolar
Toca a volta á rutina para toda a familia, pero por que non lle damos un toque divertido? Consigue que os teus fillos retomen as súas actividades con máis enerxía ca nunca. Convidámoste a personalizar o seu material escolar e a axudarlles a converter o seu espazo de traballo nunha zona para a inspiración e a creatividade.
Veña!


Forrar os libros sen forro transparente
Non nos gusta xulgar os libros pola súa portada, pero sexamos realistas: unha boa presentación pode facer que un libro sexa moito máis interesante, polo menos a primeira vista.
Forrar os libros é unha maneira sinxela de lograr que duren moito máis tempo. Normalmente utilizamos forro transparente, pero esta vez apostamos por empregar papel de cores ou cun estampado que realmente motive os peques. Podemos engadir adhesivos e outros elementos decorativos. Un toque extra sería engadir un marcapáxinas para non perder o fío da lección.
Que sexa a mochila a que coma os teus deberes
Non temos que cambiar o material escolar por outro novo cada curso. Se o tratamos ben, alongaremos a súa vida e poderemos utilizalo durante máis tempo. Aínda así, que che parece se renovamos a súa imaxe dun ano para outro?
Por exemplo, as mochilas e os estoxos son perfectos para experimentar. Cun pouco de imaxinación e engadindo unhas cantas teas recortadas, podemos pasar dunha simple carteira escolar a un auténtico devorador de coñecementos. Este efecto conseguímolo cunha simple tira para basta pegada co ferro de pasar. Nin sequera necesitas máquina de coser.
E que dicir dos cartafoles: o proceso é exactamente o mesmo. Consigue unhas tesoiras, fotografías, papel estampado, adhesivos de cores, etc., e creade xuntos o cartafol perfecto. Crearedes obxectos únicos e cunha gran personalidade.
Facer os deberes sobre un leito de flores
Convirte o recuncho de estudo nun dos seus lugares favoritos facendo que se asemelle menos a un lugar de traballo. Elimina o aburrimento e dálle un toque de cor a ese espazo. Os téxtiles, coma sempre, son unha gran solución. Por exemplo, cambia a funda do coxín da cadeira, ou o propio chan. Nós puxemos un anaco de tea debaixo do protector de chan e conseguimos un parche colorido que alegra todo o cuarto. Ademais, unha das vantaxes é que sempre poderás cambiar a tea cando o neno se aburra dela, e lavala será moi sinxelo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.