Visitas: fai unha festa na casa
Nesta época festiva, organiza as túas xuntanzas a xeito de autoservizo para que sexan fáciles para o anfitrión e inesquecibles para os convidados. E a pasalo ben!


Fai unha festa autoservizo
"Gústame facer as ceas de xeito que cadaquén se poida servir o que queira", di Johanna sobre o seu estilo de organizar ceas. "Eu non son a típica que pasa horas cociñando, e non me gusta perder a festa!". Faille caso. Cambia o carriño das bebidas por grandes potas con bebidas típicas como o glögg, un viño quente escandinavo típico do Nadal que se pode preparar con antelación, e deixa que os convidados se sirvan eles mesmos. Deste xeito, non terás que preparar as bebidas individualmente.
Proba o glögg! Pon a reducir nunha pota viño, azucre, canela, anís estrelado e casca de laranxa. Arrecenderá toda a casa! Sirve en cuncas cun cullerón. Para darlle un toque especial, pon un pauciño de canela en cada vaso.
Crea recunchos acolledores
Que é o que quere facer a xente nunha festa? Bailar, charlar, sentar, beber, comer e descansar! Se colocas os mobles de xeito intelixente, podes crear recunchos nos que todo iso sexa posible. Deste xeito farás da túa casa un lugar perfecto para facer festas. Pon unha cadeira de brazos nunha esquina para ter un sitio no que descansar. Recolle a alfombra para facer unha pista de baile e encastela tallos xunto ao sofá para poder estar de cháchara.
Dálle chispa
Un bo xeito de converter un cuarto nun espazo de festa é mediante o alumeado. As grilandas de luces dan un aspecto festivo e animado. Enche con elas floreiros de vidro grandes, ponas nos marcos das portas… ou onde queiras. Logo engade a luz das candeas. "Para min, cantas máis candeas, mellor", di Johanna. Se tes medo por como poida rematar a festa, cambia as candeas de lume polas GODAFTON de luces LED.
Usa a iluminación para crear un bo ambiente
Nalgúns recunchos podes crear un ambiente máis íntimo e cunha luz máis tenue no que os convidados poidan relaxarse. Apaga a luz do teito e emprega luces de parede e de chan para crear espazos luminosos que suavicen as paredes do cuarto. As lámpadas regulables son perfectas para isto, xa que permiten controlar os niveis de luz.
As cousas que fan que os nosos convidados se sintan como na súa casa e gocen da festa son a calidez das candeas, unha boa comida e un bo viño, a música, as apertas, a compañía…".”
Johanna
Aproveita a comodidade de que cadaquén se poida servir. Leva a comida dos fogóns directamente á mesa e colle un cullerón de servir e moita vaixela. Leva fontes e táboas para picar cheas de pequenos petiscos para que se poida servir cadaquén.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Johanna Flyckt Gashi
Fotografía: Benjamin Edwards
Dirección artística: Jules Rogers
Texto: Helen Bazuaye