Visita guiada: ideas para o salón dun espazo comunitario
Vives nun edificio compartido? Fai que reunirte cos veciños sexa máis sinxelo dando vida aos espazos comunitarios máis descoidados. Hannah Matthews, que convive nun bloque colectivo compartido, explícanos como...


Xunta mobles de todos Non fai falta investir en mobles especiais para usalos de forma colectiva. Todos poden contribuír co que poidan, como cadeiras, mesas ou mesmo lámpadas. Hannah adoita levar o sofá do seu apartamento ao patio compartido. Resultado: un asento confortable en cuestión de segundos e os comezos dunha sala de estar chea de vida.
“
É moi agradable cando nos reunimos no patio. Tamén é unha oportunidade para sacar a flote a nosa creatividade: usamos palés para crear mesas ou soportes de parede para expoñer as nosas creacións artísticas».”
Hannah Matthews
Comparte o teu espazo La artista e taxidermista ética Hannah convive con outras seis persoas nun vello almacén. No canto de deixar o vasto patio comunal baleiro, todos os residentes fan uso del. «É un lugar onde podemos reunirnos, e ademais teño o meu estudio nunha esquina», explica Hannah. «Hai pouco, mesmo o abrimos ao público como un espazo de exposición dos nosos traballos. Encántame que compartir a vivenda fomente o sentido da comunidade».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Mel Yates
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Mel Yates
Sigue a Hannah en Instagram: @hannahmatthewstaxidermy
Agradecimientos: Property Guardian Protection