Como crear unha zona de xogos para nenos na casa
Sexa cal for o espazo de que dispoñas, é moi importante que os nosos pequenos teñan en casa espazos para xogar, aprender e desenvolver toda a súa creatividade. Por iso, traémosche uns cantos consellos para aprender a crear zonas de xogos na casa. Inspírate neste cuarto compartido, deseñado para fomentar a imaxinación e a independencia.


Espazo para a diversión
Ter un espazo onde se poden expresar libremente aumenta a confianza dos nenos. Non tes moito espazo? Xoga con mobles que formen parte desa creatividade e non corten as súas ás de artista. Por exemplo, existen mobles que se poden personalizar, coma as portas de lousa destes caixóns, que se converteron nun lenzo en branco perfecto para explorar. Con mobles así, aforraredes espazo, teredes sitio extra de almacenaxe e serán moi divertidos para os pequenos.
Consello: se utilizades unha almacenaxe que lles resulte fácil de abrir ou mover, poderán facerse responsables do coidado das súas cousas. Así que vos serve para que aprendan a importante lección da orde e a responsabilidade.

Queres uns consellos para aprender a ordenar os xoguetes dunha forma sinxela e facer espazos de xogo no salón? Non perdas este vídeo sobre como facelo non momentiño.
Espazo creativo
Aos nenos encántalles experimentar coas cores e, por iso, o debuxo é tan importante en idades temperás. Deixa á vista os materiais necesarios e motiva a súa curiosidade por xogar coa pintura (sempre con coidado, non queremos que ningunha alfombra ou moble acaben mancados).
Un rolo para colorear como LUSTIGT pode ser un compañeiro xenial para que pase horas sacando o seu lado máis creativo. Se aos teus fillos non lles convence iso de sentar nunha mesa e quedar quietos, podes colocar o rolo de papel directamente no chan, un sitio no que sabemos ben que aos máis pequenos lles encanta estar, e incluso colgalo da parede. Seguro que lles parece máis interesante.
Zona de imaxinación
Dálle aos teus fillos accesorios para xogos de interpretación: anímaos a usar a súa imaxinación e desenvolve as súas habilidades sociais. Por exemplo, poden cociñar nun fogón de xoguete ou xogar a ser pais e servir comida aos seus peluches. Cando os nenos converten en xogo as cousas que ven nos adultos, aprenden por imitación. Trátase de desenvolver habilidades vitais que van desde a linguaxe ata os comportamentos e o coidado.
Para crear a zona de xogos perfecta, prepara diferentes actividades para que fagan todo o que lles gusta, como pintar, bailar, disfrazarse, e mesmo podedes innovar e compartir novos pasatempos, como teatro de monicreques. Queres saber como se fai? Amosámoscho no seguinte artigo.
Un recuncho acolledor
Só precisas uns cantos téxtiles para converter calquera recanto nun lugar onde o teu pequeno se poida evadir do mundo real e viaxar a outro reconfortante e feito á súa medida. Pode converterse na súa base secreta, a máquina do tempo, un portal para viaxar entre mundos… O límite está na súa imaxinación.
Se é un recuncho para a lectura, podes engadir unha libraría portátil como FLISAT e unha luz de lectura segura para nenos, ou unha lanterna para viaxes imaxinarias na escuridade da noite. Usa téxtiles para que o recuncho sexa máis cómodo, coxíns grandes para que se deite e un dosel para que resulte máis acolledor.
Fomenta a diversión e a aprendizaxe tanto fóra coma dentro da casa! Se che gustou este artigo e queres ler máis sobre actividades e plans para xogar e pasar o tempo en familia dentro de casa, non perdas estes artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.