Visita a un fogar: como organizar a almacenaxe nun piso pequeno
Nos pisos pequenos ou con espazos pouco amplos, a almacenaxe complícase. Onde coloco o armario? E se non colle todo? Como meto toda a roupa e complementos nun espazo tan pequeno?
Aproveitar o espazo nos pisos pequenos é complicado, pero non imposible. Por iso, neste artigo imos percorrer este diminuto apartamento no que atopamos diferentes solucións para sacar partido a todos os recunchos como lugar de almacenaxe.
Como organizar un armario pequeno
O primeiro paso para organizar a almacenaxe nun piso pequeno é organizar o armario. Para iso, necesitamos unha serie de complementos que nos faciliten a tarefa. A que nos referimos? A caixas, organizadores, estantes adicionais e cestas de todo tipo e condición. Este tipo de complementos, ademais de ser moi económicos, axúdannos a ter un armario ordenado e estruturado.
Velaquí tes uns cantos consellos para ter o armario ordenado por moi pequeno que sexa:
- Engade compartimentos para dividir o espazo do interior dun módulo de almacenaxe e aproveito cada centímetro.
- Empeza por separar a roupa e accesorios por categorías e despois utiliza compartimentos para personalizar o módulo de almacenaxe segundo os tipos de artigos.
- Coloca etiquetas ou adhesivos para encontrar rapidamente o que máis usas.
- Aproveita todo o espazo en vertical: se podes poñer caixas e cestos na parte superior do armario (si, por fóra), faino!
- Garda máis arriba o que uses menos e máis abaixo, ao alcance da man, o que uses acotío.
- Mantén o armario ordenado reorganizándoo semanalmente.
Caixas con etiquetas no armario
Como diciamos antes, un dos mellores trucos para ter o armario ordenado é etiquetar as caixas que imos metendo dentro.
Hai moitas maneiras de facelo segundo o tipo de caixa elixido: cun rotulador indeleble para as caixas de plástico, con etiquetas pegadas, con pequenas etiquetas atadas cun cordel ou, se queres unha opción máis divertida e creativa, ata podes sacar unha foto do que gardas dentro e pegala na caixa por fóra.
Como aproveitar o espazo de detrás da porta
Non desperdicies o espazo que tes máis a man con cousas que non adoitas empregar. No seu lugar, gárdaas en caixas no espazo baleiro por riba da porta. Pon un estante sobre o marco da porta se hai espazo abondo ata o teito. Cando teñas que coller algo terás que usar unha escada, así que lembra: deben ser cousas que non adoites usar ou que uses noutras tempadas.
Coloca ganchos na parte traseira da porta para as cousas que necesitas habitualmente, de tal xeito que as teñas á man e á vez ordenadas sen ocupar espazo no armario sen necesidade.
Se queres moitas máis ideas para organizar o armario, non perdas este vídeo con consellos de almacenaxe nun chiscar de ollos.

Detalles de organización que marcan a diferenza
Sabías que é posible crear unha zona de roupeiro e outra de toucador sen ocupar espazo no chan? Fixa un espello á parede e coloca as túas xoias nun taboleiro de cortiza, organizadas como máis che guste, evitando, iso si, xuntar de máis as cadeas e os colares para que non se enreden entre si.
Por outro lado, a porta do armario pode converterse no lugar ideal para gardar os produtos de maquillaxe e peiteado nun organizador colgante como o da imaxe, suxeito por unhas ventosas: cepillos, gomas do pelo, cintas, panos... todo ten o seu sitio nestes accesorios de almacenaxe que tanto nos facilitan o día a día nun piso pequeno.
Organizar bolsos, zapatos e complementos
Chegamos á fin do noso artigo presentándoche a dona destas solucións de almacenaxe tan bonitas e fáciles de "copiar" nos nosos propios fogares.
"Cos colgadoiros é doado gardar todos os meus bolsos e bufandas, e ademais quedan moi ben. Polas mañás venme moi ben ter un espello e todos os meus accesorios á vista", cóntanos.
Como verás, seguimos aplicando a idea de organizalo todo mediante caixas e cestas, con etiquetas no caso de que sexan opacas para saber perfectamente o que hai dentro sen necesidade de abrilas.
Os zapatos que máis uses déixaos fóra das caixas, debaixo dos estantes ou na parte inferior do armario. Outra opción é ter un organizador de zapatos colgante, como o modelo STUK.
Se queres máis inspiración sobre a almacenaxe na casa, no dormitorio ou nos espazos reducidos, non perdas estes artigos.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.