Saltar

Visita a un fogar: unha presentación de mesa sinxela, pero bonita

Toma o papel de anfitrión con filosofía e invita familiares e amigos con máis frecuencia. Cunha decoración sinxela para a mesa, pasarás menos tempo decorando e máis tempo gozando dos teus convidados.

Presentación de mesa en cores neutras con panos de mesa de algodón, adornos sinxelos para cada comensal e un centro de mesa natural.
Presentación de mesa en cores neutras con panos de mesa de algodón, adornos sinxelos para cada comensal e un centro de mesa natural.
Cando algo non é perfecto é moito máis interesante. Empeza cun camiño de mesa de algodón natural e panos de mesa de mestura de liño para definir un esquema de cores neutras. Usa táboas de cortar de madeira como bandexas: son ideais para aperitivos, pans e queixos. Coloca cubertos en tarros de cristal sobre a mesa para que os convidados poidan servirse eles mesmos segundo o necesiten. Se buscas un centro de mesa sinxelo, coloca ramas outonais naturais e de árbores perennes nunha xerra.

A miña presentación de mesa reflicte o meu estilo como anfitrioa: se está demasiado estruturada, os convidados poderían pensar que teñen que sentarse e esperar a que se lles sirva a comida: eu quero que se sintan a gusto e que participen».

Natalie

Natalie inspírase no ámbito rural da súa casa para crear presentacións de mesa informais e rústicas. Non se trata de conseguir a perfección, xa estean só ela e o seu marido, Dug, ou se trate dunha festa con convidados. «Unha presentación de mesa moi traballada pode quedar moi bonita, pero non sempre é realista», explica Natalie. «Atráeme máis a idea de buscar cadeiras por toda a casa para que poidan sentarse convidados inesperados».

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Carl Braganza
Fotografía: Dan Duchars
Segue a Natalie en Instagram: @laid_back_farmhouse