Visita a un fogar: unha mesa temática con plantas
Hai unha gran tendencia polas plantas suculentas neste momento, así que por que non lles dar protagonismo usándoas para crear unha preparación de mesa temática? Pensa nos centros de mesa, en como vistes a mesa e nas cousas que usas para servir...


Adopta un enfoque fluído ao colocar a mesa e constrúe sobre o tema natural: coloca táboas de madeira para cortar ao longo do centro da mesa de comedor creando unha base para a túa decoración. Deseguido, amorea unha combinación de plantas nunha variedade de testos para crear diferentes alturas e formas: con plantas suculentas non hai follas grandes que bloqueen a vista da xente a través da mesa. Usa unha cor principal para unificar todo o conxunto.
«Non cremos que se deban gardar as louzas para as grandes ocasións. Se tes algo bonito, deberías gozalo ti mesmo e non gardalo só para os convidados», di Ilaria, quen nos axudou a crear a idea desta mesa. Pensa de forma creativa sobre a decoración da túa mesa e converte as cousas cotiás que xa tes en algo bonito: unha foto nun marco é unha gran tarxeta de comensal personalizada.
As flores frescas son bonitas para unha soa vez, mais as plantas en soporte son o tipo de decoración de mesa que se pode usar unha e outra vez. As plantas suculentas como Echeveria e Haworthia son pequenas e doadas de manter: «Case sempre elixo plantas de interior de pouco mantemento», di Ilaria. «E agora, a maioría das plantas suculentas artificiais están tan ben feitas que parecen reais. Puxen algunhas dentro dun tarro para a decoración da mesa e por toda a miña casa como decoración: non precisan ningún tipo de mantemento!»
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Sam Grigg
Fotografía: Benjamin Edwards
Sigue a Ilaria en Instagram: @idainteriorlifestyle
Deseño de interiores: Sam Grigg
Fotografía: Benjamin Edwards
Sigue a Ilaria en Instagram: @idainteriorlifestyle