Visita a un fogar: unha idea de almacenaxe sinxela
Unha parede para almacenaxe de roupa, creada só a partir duns poucos ganchos, guías e un andel, crea un armario aberto que converte a hora de vestirse nun pracer. Bótalle unha ollada...


Beleza funcional «O meu novo armario consiste simplemente nun par de guías. Teño outro no balcón para airear a roupa medio sucia», afirma Mia. «Grazas ás solucións de almacenaxe abertas, é doado ver o que tes. Ademais, podes darlle o teu toque, como, p. ex., pintar as perchas de plástico de cor rosa».
Colgar e repetir Fai que a almacenaxe sexa divertida. Os colgadoiros poden usarse de moitas maneiras, pero poden ser o centro de atención nun cuarto se apostas forte por eles: divírtete á hora de elixir o que colgar deles. «Colocar unha fila de colgadoiros é unha idea tremendamente sinxela, pero que tolea aos teus convidados», declara Mia.
Dun fogar a outro Mia deixou o seu fogar en Suecia e trasladouse á India para unirse ao equipo inicial de IKEA na India como directora creativa de «A vida no fogar». Mudouse a un apartamento impersoal e o seu obxectivo foi transformalo nun fogar acolledor que reflectise o seu estilo único. Descubre o resto da súa casa aquí..
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Fotografía: Benjamin Edwards
Fotografía: Benjamin Edwards