Visita a un fogar: un espazo de traballo para colaboración creativa
A forma moderna de traballar é flexible e trabállase tanto dende casa como na oficina. Deseñando unha oficina doméstica? Le algunhas ideas para crear un espazo de traballo produtivo que permita aos teus compañeiros reunirse contigo no teu escritorio.


Pono todo en orde... Un espazo de traballo ordenado facilita a concentración. Cando cada cousa ten o seu sitio, encontrarás o que buscas rapidamente. Caixas, arquivadores, armarios... Elixe unha mestura de organizadores de distintos estilos e cores cos que goces traballando. Etiquétao todo e coloca o que máis utilizas á man.
Ten o que che inspira á vista... A vantaxe de ter unha oficina doméstica é que podes engadirlle as comodidades do fogar. Fotos, citas motivadoras, notas do teu último proxecto... Na túa oficina hai sitio para todo. Se che preocupa que poidan ateigar todo o cuarto, recomendámosche que teñas un espazo para as exposicións, como o taboleiro que ves fotografado aquí.
Adapta o teu escritorio á túa forma de traballar... Na oficina podes sentir que estás atado ao escritorio; en cambio, cando traballas dende casa, ter un escritorio no que estar adoita axudar a diferenciar a vida persoal da laboral. Cando elixas o teu escritorio, pensa no teu xeito de traballar e adapta os mobles ás túas necesidades. A mesa de traballo desta oficina é extensible, e ofrece unha superficie moi ampla sobre a que esparexer proxectos creativos e traballar en colaboración con outros compañeiros.
Quen traballa nun espazo como este? Mia Lundström, directora creativa de Life At Home, IKEA India. «IKEA non está presente na India aínda. Son parte do equipo inicial de IKEA India. Cando me recolocaron aquí, tiven que pensar moi ben o que me traía comigo. Fixen espazo para algúns dos meus imprescindibles de IKEA, como os caixóns IVAR, aos que lles poño patas para que resistan o clima da India. E a mesa NORDEN, fabulosa, que uso como escritorio na oficina. Os membros do equipo adoitan traballar xuntos aquí. É estupendo ter un espazo que funcione igual para un que para varios».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Made by
Fotografía: Benjamin Edwards
Fotografía: Benjamin Edwards