Saltar

Visita a un fogar: un dormitorio, tres looks con téxtiles

Antes de pintar ou substituír calquera moble, mira como a estilista Ashlyn consegue crear novos looks usando unicamente téxtiles...

Dormitorio azul e branco.
Dormitorio azul e branco.
Look 1: O estilo de Elisa Cada cuarto ten as súas características únicas. As rústicas baldosas de terracota e os marcos pintados das fiestras fan o cuarto de Elisa ser especial para ela, polo que Ashlyn elixiu téxtiles con contrastes de cores e unha tea estampada para darlles vida.

Look 2: Texturas táctiles Combinando as cores do fondo, salientan as texturas. Como é inverno, proba a combinar unha pel de ovella suave cunha colcha de punto. Para un toque artesanal, coloca un tule transparente sobre unha tea de cor neutra. Só terás que coser os bordos superiores, de maneira que o resto colgue solto.

Look 3: Estampados gráficos É máis doado combinar estampados do que pensas. Ao coordinar as cores da colcha e a cortina que cobre o armario aberto, Ashlyn conseguiu que este look transmitise tranquilidade e serenidade.

Elisa sentiuse inspirada polos tres novos looks, especialmente porque a súa historia familiar está ligada aos téxtiles. «A tea é unha ferramenta fermosa. A miña nai mais eu usamos teas para facer roupa para vender na miña tenda de regalos. A miña avoa tamén era costureira», di Elisa. 

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Ashlyn Gibson
Fotografía: Benjamin Edwards