Visita a un fogar: un dormitorio organizado para crear un ambiente relaxante
Crea espazo para ti convertendo o teu dormitorio nun lugar onde restaurar un sentido da orde e a harmonía.


Encontra novas formas de definir o teu espazo. Neste dormitorio, unha barra para roupa aberta funciona como zona de roupeiro e unha "pantalla viva" de plantas crean confort e privacidade á vez que proporcionan unha sensación de natureza no interior. En vez dunha mesiña de noite, a propietaria Dagmara elixiu un banco. «Desa forma, podo aproveitalo para gardar as miñas revistas e libros favoritos, e para calzarme pola mañá. A almacenaxe non sempre ten que parecer iso, almacenaxe». Os téxtiles, mobles, alfombras e accesorios en materiais e cores naturais teñen un tacto agradable e proporcionan harmonía visual.
Engade detalles prácticos que te fan sentir ben arriba e abaixo. Unha sinxela percha de madeira nun gancho pode ser un elemento distintivo por si mesma, así como un lugar onde colgar a túa roupa para a mañá seguinte, mentres que as cestas de materiais naturais son perfectas para a coada ou accesorios. «Pensa nas pequenas cousas que poden facer que a rutina diaria sexa un pouco máis doada e todo máis agradable á vista», comenta Dagmara.
«Non son decoradora de formación, pero mellorar o benestar no fogar sempre foi a miña paixón», comenta Dagmara. «Unha organización ben planificada e traerse un anaquiño de natureza ao interior con plantas e materiais naturais son os meus mellores consellos para converter o dormitorio nun espazo que che faga sentir ben pola mañá e pola noite».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_