Saltar

Visita a un fogar: un cuarto infantil repleto de personalidade

Non importa a cantidade de espazo dispoñible, o cuarto dun neno pode expresar a súa personalidade en desenvolvemento de moitas formas. Bótalle unha ollada ás ideas de Olivia (de nove anos) e dos seus pais para crearen o seu espazo único...

Un cuarto infantil con paredes azuis, un cabeceiro gris escuro montado na parede con dúas lámpadas de lectura brancas e roupa de cama de raias.
Un cuarto infantil con paredes azuis, un cabeceiro gris escuro montado na parede con dúas lámpadas de lectura brancas e roupa de cama de raias.
Transforma algo sinxelo en algo persoal. Poden crearse proxectos de manualidades xuntos. Á nai de Olivia, Pati, encántalle usar materiais de manualidades para personalizar cousas. O cabeceiro de Olivia está feito á man usando recheo e tea de IKEA. Algunhas pequenas decoracións inclúen adornar os soportes das plantas de Olivia con fita adhesiva dourada.

Fai un uso creativo do espazo, especialmente nun cuarto compacto. Recentemente Olivia cambiou a unha cama dobre pequena, de tal xeito que, cando medre, non se lle quede pequena tan rápido, o que pasa é que ocupa bastante espazo. Colocar un armario en esquina proporcionoulle moita almacenaxe e ese espazo morto tras a porta non se desaproveitou.

Agora que Olivia ten deberes por facer, un escritorio cunha cadeira vertical, unha lámpada de estudo e uns organizadores para os seus materiais axudarana a concentrarse. Deixa que os nenos se divirtan colocando as súas cousas favoritas á vista. Olivia empezou a encher o marco dunha caixa baleira con cromos e obxectos persoais que coleccionou.

Deixa que os nenos decidan o seu esquema de cores. Aínda que non pintes as paredes, os téxtiles estampados e coloridos son unha forma doada de agregar a súa cor favorita. «Encántame elixir as cores do meu cuarto. O azul escuro é o meu favorito, ora ben, as cores fluorescentes tamén me gustan», di Olivia. «O mellor do meu cuarto é a miña cama!»

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Sam Grigg
Fotografía: Alicia Taylor