Saltar

Visita a un fogar: un almorzo o Día da Nai na cama

O domingo 12 de maio, por que non comezar o Día da Nai da mellor maneira posible cun relaxante almorzo na cama? Estes xarros de granola son doados de preparar e son perfectos para tomares a soas ou, mellor aínda, en compañía! Nina e os seus fillos ensinarannos a preparalos.

Xarros cheos de granola e iogur nunha bandexa nunca cama.
Xarros cheos de granola e iogur nunha bandexa nunca cama.

Prepara os teus ingredientes con agarimo

Se os nenos xa son maiorciños, poden prepararlle o almorzo á mamá. Ou podedes xogar en equipo! Cortar ou separar ingredientes sans como froita fresca, bagas e noces farán que preparar o almorzo máis sinxelo de iogur e granola sexa todo un luxo.

O primeiro é unha boa presentación

No canto de servir o almorzo nun cunco, faino nun recipiente pequeno, a modo de agasallo. Empeza polo iogur, despois vai a granola, bótalle algunhas bagas e un chorriño de mel para decorar e darlles un toque crocante aos ingredientes.

Leva o almorzo á cama

Servir a comida pode ser máis fácil do que pensamos, abonda usar unha bandexa con patas e xa poderemos levar o almorzo para á cama. Decóraa con algunhas flores ou con plantiñas. Xa verás o sorriso de mamá!

Bos momentos en familia

Por que non cambias un pouco as rutinas da mañá e pasades algo máis de tempo xuntos despois do almorzo? Hoxe é un día estupendo para celebralo en familia e sacarlle todo o partido a estes momentos tan especiais.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Interiorismo: Ashlyn Gibson
Fotografía: Dan Duchars
Sigue a Nina en Instagram: @ninaweinreich