Saltar

Visita a un fogar: salón, cama e cuarto de convidados na mesma peza

Non che fai falta un cuarto de convidados como tal para ser un grande anfitrión. Aproveita estes consellos para converter un salón nun lugar cómodo para os teus amigos e familiares.

Roupa de cama azul e branca e coxíns contra unha parede de ladrillos pintada de branco.
Roupa de cama azul e branca e coxíns contra unha parede de ladrillos pintada de branco.

Dous usos, máis comodidade

Poderás converter o teu salón nun cuarto para convidados rápida e facilmente grazas a este sofá cama con almacenaxe integrada, onde poderás gardar os teus accesorios e telos á man. Katarzyna mercou un sofá cama GRÄLVIKEN para o seu apartamento tipo loft. Deseñado con coxíns que se moven e un respaldo que se prega, o sofá convértese nunha cama dobre perfecta para que os teus convidados pasen unha boa noite.

Sono cómodo

Utiliza roupa de cama para que os teus convidados durman máis comodamente. Ten en conta a diferenza que supón ter un edredón; por exemplo, un con lyocell mellora a comodidade e elimina axiña a suor. Opta por un de tipo tog para unha temperatura media e ten preparadas unhas mantas adicionais listas para as noites máis frías. Opta por téxtiles feitos de materiais cómodos baixo os que acocharte, como o algodón ou o liño.

Accesorios versátiles

Unha mesa auxiliar con almacenaxe é un lugar óptimo para pousar os téxtiles que utilizas durante o día e tamén vale como mesa de noite para os teus convidados.

Un cuarto as 24 horas do día

Cando Katarzyna e Mikolaj converteron o seu apartamento querían que conservase o seu plano aberto e tivese só un cuarto. O sofá cama permítelles seguir tendo un apartamento de plano aberto e lugar onde os seus convidados poidan durmir. "Deseñamos o cuarto para que fose multifuncional; un lugar onde reunirnos ou cear, pero tamén un lugar onde poidan durmir o meu irmán e amigos cando veñen á cidade: un cuarto para convidados", di Katarzyna.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Interiorismo: Katie Phillips
Fotografía: Nato Welton
Sigue a Katarzyna en Instagram: @nofo.pl