Saltar

Visita a un fogar: reorganiza o teu armario

Velaquí algunhas ideas para solucións de almacenaxe abertas e pechadas. Co ánimo de renovar, retira a roupa que non queiras e reorganiza o teu armario por completo.

Un armario aberto nun dormitorio, con roupa colgada.
Un armario aberto nun dormitorio, con roupa colgada.
Imos empezar por arriba. Comeza almacenando arriba a túa roupa de fóra de tempada en caixas. Debaixo, coloca unha guía colgante para acceder rapidamente aos artigos que máis usas, ordénaos por cores para que sexa máis doado encontrar o que estás a buscar. Debaixo diso, para equilibrar a almacenaxe aberta, pon unha cómoda para as cousas que prefires ocultar. Ordena os artigos máis pequenos, como a roupa interior e os calcetíns, nos caixóns.

«Este é o noso espazo compartido do armario», explica Stéphanie, quen nos ensinou o armario feito á medida que ela e a súa compañeira Patricia crearon no seu apartamento de París. «Cada unha de nós ten a súa propia cómoda, porén, a roupa que colga nos pertence a ambas. A almacenaxe organizada facilita saber quen colleu que», di Stéphanie.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Abigail Edwards
Fotografía: Nato Welton
Obras de arte: Cannibal Letters