Saltar

Visita a un fogar: o voso propio cultivo

Se tes a sorte de ter un espazo ao aire libre ou unha leira, cultivar os teus propios produtos axudaralles aos nenos a aprender novas habilidades e diminuirá o teu impacto no ambiente. Aquí tes algúns consellos para facer que se involucren os máis pequenos…

Nici, Ben e os seus dous fillos traballando no xardín.
Nici, Ben e os seus dous fillos traballando no xardín.

Pásao ben ensuciándote

Os nenos aprenden xogando. Ao estaren ao aire libre, son libres para expresarse, ao tempo que adquiren novas habilidades, como o traballo en equipo ou a responsabilidade. Descubrir a natureza pode ser algo tan sinxelo como cavar a terra. "Aos nenos encántalles ensuciarse", di Nici dos seus fillos Sonny (6) e Kit (3). "Ao aire libre, axudando no xardín, esquécense de telo todo limpo. Simplemente quedan enganchados".

Involucra a todo o mundo

Hai traballos nos que ata as mans máis cativas poden axudar á hora de cultivar e colleitar. Tarefas sinxelas, como regar as plantas ou recoller os ovos nunha cesta, axúdanlles aos pícaros a desenvolver o seu sentido de independencia.

Proba e erro

Non todo o que se planta se dá ben, pero cando as plantas prenden, fan que os nenos se sintan orgullosos e fainos aprender sobre a relación causa-efecto. "Ao axudárenme a cultivar verduras e froitas, os nenos descobren que as cousas necesitan tempo e amor, non crecen nun envase de plástico no supermercado", di Nici.

Sácaos ao aire libre

Unha vez que a colleita estea lista, por que non pedirlles os nenos que escollan o que van cear? Activará o seu sentido do olfacto e o gusto, ademais de contribuír á súa aprendizaxe sobre nutrición. "Ás veces, pídolles aos meus fillos que saian a recoller os ingredientes das nosas ensaladas de verán. É bo para eles ver como funciona", di Nici.

Somos moi sinceros cos nenos sobre a orixe da comida. Ensinámoslles como se cultivan as plantas e, a cambio, eles dannos consellos que lles aprenden na escola. É tan bonito!

Nici

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.