Saltar

Visita a un fogar: o dormitorio dunha blogueira dende dentro

Pon tamén a túa casa á moda! Mira como esta blogueira de moda e estilo de vida deseñou o seu dormitorio para axudala a prepararse con estilo.

Un cuarto branco con chans de madeira e zapatos amoreados nun estante.
Un cuarto branco con chans de madeira e zapatos amoreados nun estante.
Dedícalle espazo ás túas paixóns. A entusiasta da moda Carolina sacrificou ter unha gran sala de estar para ter o que lle importa (incluído unha colección de máis de 60 pares de zapatillas!). «Este cuarto tería que ter sido a sala de estar, mais eu quería o cuarto máis grande para ter o meu dormitorio/roupeiro», di Carolina. «A miña forma de vestir influíu no estilo da miña casa: todo xira arredor da comodidade, a engadir elementos masculinos e a mesturalo todo un pouco. Sempre estou a cambiar cousas de sitio, movendo alfombras e coxíns».

Aplica á túa almacenaxe a mesma creatividade que pos cando creas un novo look. Carolina usa un estante para gardar a súa cada vez meirande colección de zapatos. «Teño este estante dende que tiña cinco anos. Tróuxena da casa dos meus pais», di Carolina. «Gústame poder ver os zapatos cando vou elixir o meu atavío e desta forma podo organizalos por cor, estilo e marca».

«Sabía exactamente que combinación de armarios precisaba», di Carolina. «Adoitaba ter todo nunha almacenaxe aberta, mais a desorde facía que fose difícil relaxarse. Quería engadir portas para poder escondelo todo. Agora teño espazo para colgar chaquetas, saias e vestidos, así como estantes para dobrar vaqueiros, xerseis e camisetas. Gardo a maior parte das miñas pezas de vestir á altura dos ollos. Os meus accesorios pequenos, como panos de seda, están dobrados nuns pequenos cestos de madeira para pan que encontrei na sección de cociña!»

Imaxina a túa rutina para prepararte paso a paso na túa cabeza e logo pensa na forma de facelo todo nun mesmo lugar. «Engadir a mesa de café, que eu uso como banco, facilitou a forma na que me visto», di Carolina. «Agora, cando elixo o que me vou poñer, coloco a roupa sobre o banco, me visto e me maquillo fronte ao espello. O último son os zapatos e o bolso, e logo pode que me saque unha foto antes de irme. Fago fotos dos meus atavíos no espello, xa que é máis natural que se o escenifico».

«Empecei co meu blog sobre moda e estilo de vida hai nove anos cando aínda estaba a estudar. Necesitaba unha vía de escape creativa», di Carolina. «Uso Instagram e o meu blog para documentar todo o que me gusta: os meus atavíos, a miña casa, os meus días na praia e o meu gato, Zappa. Parece que aos meus seguidores tamén lles gusta!».

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Carl Braganza
Fotografía: Dan Duchars
Sigue a Carolina en Instagram: @carolinaflores