Saltar

Visita a un fogar: goza das manualidades en compañía de amigos

Proba unha nova afección e unha nova forma de facer actividades na casa. A Amanda encántalle organizar noites de manualidades. Aquí verás como prepara unha divertida reunión facendo coroas.

Unha mesa decorada con coroas e accesorios do Nadal.
Unha mesa decorada con coroas e accesorios do Nadal.
As noites de manualidades son unha forma divertida e barata de pasar o tempo con amigos, e todos volven a casa con algo que fixeron á man. «Sempre me gustou coser, construír e facer cousas», di Amanda. «Alternámonos para organizar as noites de manualidades. é moito máis doado que organizar unha cea ou unha festa! O único que fai falta é unha louza a xogo e algúns doces».

Para facer as súas coroas do Nadal, Amanda e os seus amigos envolven follas verdes arredor de aros de bordar, usando un cordel para fixar as pezas no seu sitio. As froitas cítricas secas achegan ás coroas un aroma doce e do Nadal. As máis pequenas poden usarse para decorar cadeiras, mentres que as máis grandes poden colocarse no centro dunha parede, unha mesa ou na porta.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Ashlyn Gibson
Fotografía: Christina Bull