Visita a un fogar: do baleiro á beleza en cuestión de minutos
Como personalizar un espazo se non vas quedar moito tempo nel? No canto de pintar ou facer buracos nas paredes, inspírate nesta desta idea caseira e fácil de instalar para decorar con flores artificiais.


Sé creativo coa arte mural
A todos os inquilinos, estudantes, nómades… Usa as paredes como lenzos en branco, sen importar o provisional que sexa o teu espazo. Este rápido e sinxelo cambio é económico e só se precisan algúns materiais: un paquete de cintas adhesivas de cores, un par de tesoiras e diferentes flores artificiais.
Esta idea foi un feliz accidente. Intentei colgar un ramo de flores ao revés, pero non me saíu ben. Desarmei o ramo e caín na conta de que podía ser máis creativa con cada flor de forma individual".”
Julia
Os teus novos favoritos artificiais
Por que elixir flores artificiais? Pois porque son tan fermosas como as de verdade e se poden reutilizar unha e outra vez. "Encántame introducir a natureza no interior, pero non compro flores naturais porque non é bo para o planeta. Se mas regalan, busco formas únicas de colocalas xunto ás artificiais, non só nun floreiro", di Julia.
Fácil de poñer e quitar
Cada ramo fíxase á parede con cinta adhesiva de cores, o que facilita a súa colocación e retirada. Cando chegue o momento de mudarse, as flores artificiais apenas ocupan espazo ao embalalas (non fai falta envolvelas con papel de burbullas) e cando chegue o momento de volver sacalas, podes volver crear un novo deseño nun novo lenzo en branco.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Carl Braganza
Fotografía: Nato Welton
Sigue a Julia en Instagram: @juloxyy