Visita a un fogar: crea unha agradable zona de comedor ao aire libre
Desexas crear un espazo para gozar ao aire libre este verán? Fíxate en como uns mobles versátiles e uns téxtiles converteron esta terraza elevada no salón ao aire libre perfecto para encontros improvisados.


Xunta amigos e familiares
O xardín de Nici e Ben ten ás súas costas unha frondosa vexetación, así que este verán decidiron transformar a terraza elevada nun espazo de comedor no que convidar aos amigos e familiares a estar preto da natureza. Unha selección de mobles flexibles, como unha mesa extensible e cadeiras que se encastelan á perfección, permitirache ampliar ou reducir o comedor ao aire libre para adaptalo ao número de convidados.
Aos meus fillos encántalles estar ao aire libre. A nosa mesa pregable ÄPPLARÖ é fantástica cando temos convidados, e ademais prégase ao tamaño perfecto para as nosas ceas ao aire libre de todas as noites".”
Nici
Inclúe todas as comodidades dun fogar
Os téxtiles son clave para darlle ao salón ao aire libre un toque de fogar. Unha alfombra grande axúdache a definir o espazo e é agradable de pisar se che apetece descalzarte. Nici e Ben levan os coxíns dos bancos ao sofá para teren a comodidade onde a necesitan.
Xuntámonos cos amigos e a familia na terraza todos os meses. Cada un trae algo para comer e xantamos ao aire libre. Os nenos poden xogar e é unha forma estupenda de poñérmonos ao día".”
Nici
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Lucy Tweed
Fotografía: Chris Corte
Sigue a Nici en @niciblueeyes