Saltar

Visita a un fogar: como deseñar un fogar feliz

Nesta casa de estilo industrial, unha familia aprendeu a facer que o espazo medre con eles, non só en tamaño, senón tamén emocionalmente. Entra e descubre as ideas que fan que este espazo sexa tan agradable.

Katty e Marky mostran como sacar o máximo partido a un espazo familiar minimalista e diáfano.
Katty e Marky mostran como sacar o máximo partido a un espazo familiar minimalista e diáfano.

Espazo aberto

Cando Katty e Marky compraron a súa casa, os cuartos eran pequenos. "A cociña era un cuarto diminuto e facíache sentir apartada", di Katty. Logo viñeron os fillos: Lucas (de catro anos) e Milo (de dous). Aumentamos a cociña para dar maior sensación de amplitude". Colocar unha mesa e un banco no extremo da illa deulle á familia unha barra para almorzaren que fai tamén de comedor e de oficina na casa.

A cociña é o noso cuarto familiar, é onde facemos vida. Non é perfecta, pero é moi valiosa, porque é un cuarto que queremos que sexa eterno, como unha sala de supervivencia".

Marky

Fai que o tempo en familia sexa especial

É posible que os comedores non estean de moda, pero Katty e Marky decidiron dispoñer dun espazo independente para comer. "Tiña a idea romántica de comer aquí cos nenos, e iso é o que facemos unha vez á semana. Chamámola a festa de cear". Os nenos poñen a mesa, poñemos música e é un momento en familia moi agradable. Lucas está na idade de empezar a ter lembranzas e espero que esta sexa unha delas".

Fai que cambiar resulte fácil

"Pasei de poñer cousas por todas as partes a agrupalas en coleccións organizadas", di Katty sobre a súa maneira sobria de expoñer os obxectos. "Normalmente manteño todo limpo e agradable. A mestura actual é bastante ecléctica, quería probar unha combinación de revistas e obxectos de decoración. Só adoito ter revistas ou portadas de discos". Os estantes para cadros con fotos son a forma perfecta de crear unha exposición dinámica. Non hai que usar cravos.

Antes tiñamos moitas cousas, pero agora a orde reláxame. Os nenos foron o catalizador. Tiven que atopar o equilibro entre o sentimental e a estabilidade, así que só temos as cousas que de verdade nos gustan".

Katty

Traballa en equipo

"A nosa casa medrou connosco. Polo camiño saíronnos algunhas decoracións desastrosas", di Marky. "Collémoslle o gusto a usar os encerados para xuntar ideas. Reúnes todas as túas ideas para o cuarto nun só lugar, e así ves se hai algo que non funciona", di Katty.

Crea recunchos acolledores

Se o espazo é limitado, céntrate máis en crear espazos dentro dos cuartos, lugares nos que poidas realizar as túas tarefas nun espazo compartido. Marky construíu un asento para os rapaces xunto á fiestra. Tamén se podería usar un banco con cestas debaixo para crear un recanto así. Logo, emprega os téxtiles para que resulte máis cómodo. "Quería un lugar onde os nenos puidesen sentar cun libro. Sentan alí como canciños á espera de que Marky volva á casa do traballo".

Oculta e mostra o que desexes

O minimalismo organizado define o xeito de Katty e Marky. "Non queremos fotos en todas as paredes, así que creamos unha galería no corredor que vai medrando de forma orgánica". Ocultar as cousas cotiás fai que a galería da parede resplandeza. "O corredor é un espazo moi concorrido e cómpre que as cousas estean organizadas e resulten prácticas para os nenos. O armario da tele é xenial para almacenar zapatos e cada un de nós ten cadanseu espazo".

Non o gardes para outro momento

"Agardamos moito para ter unha boa sala. Cando arranxamos o resto da casa, esta era sala que mantiñamos agochada, coas portas sempre pechas. Ao final demos coa solución o ano pasado cando me inscribín nun reto de catro semanas de Instagram. Foi a primeira vez que Marky e mais eu traballamos en equipo nun cuarto, por iso me gusta tanto. Chámoo o noso 'cuarto de desconexión', onde desconectamos da realidade e nos relaxamos".

Ningún dos cuartos é de uso exclusivo; non hai restricións para os nenos. Non quero ser escrupulosa con nada. É unha casa para vivir".

Katty?

A nosa casa ten un deseño divertido, creativo e familiar". Entramos, respiramos e sabemos que podemos mostrarnos tal e como somos. A nosa casa dános unha seguridade e unha comodidade que non se aprecian a primeira vista".

Katty

Viaxe a un fogar familiar

"Unha casa acaroada de ladrillo vermello normal", así é como describen Katty e Marky a súa casa de 100 anos de antigüidade. A casa medrou con eles: dous dormitorios que se converteron en tres e unha pequena cociña que pasou a ser unha cociña-salón de tamaño familiar cando a ampliaron cunha dobre altura hai tres anos. "Cando nos mudamos, este lugar estaba a caer a cachos. Chegar a esta etapa foi toda unha aventura", di Marky.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Benjamin Edwards
Sigue a Katty en @denoffoxes