Saltar

Visita a un fogar: como crear facilmente unha parede de exposición

Reflicte a túa personalidade nun cuarto cunha parede de exposición con fotografías e láminas. Con esta sinxela guía, aprenderás a facer unha exposición única dun xeito doado.

Abeer colocando unha foto enmarcada nunha parede de exposición con fotografías e láminas.
Abeer colocando unha foto enmarcada nunha parede de exposición con fotografías e láminas.

1. Fai un plan

"Hai quen o mide todo antes, pero eu son máis de ir por libre", di Abeer. Para crear unha parede de exposición, comeza colocando fotografías enmarcadas sobre unha alfombra. "É máis fácil probar diferentes composicións no chan. Cando dou coa que me gusta, sácolle unha foto co teléfono. Logo emprego esa foto como referencia para replicar o deseño na parede".

2. Fai algo novo

Un xeito de faceres algo único ca túa parede pode ser engadir algunha obra artística feita por ti. "Veume a idea de enmarcar teas na tenda de IKEA", di Abeer. "Gústame o aspecto ecléctico que se consegue ao mesturar téxtiles con obras de arte e fotografías enmarcadas de diferentes xeitos e tamaños. Mesmo enmarquei unha folla artificial". Suxestión: antes de enmarcar as teas, pásalles sempre o ferro. Así conseguirás un acabado sen engurras.

3. Fai marcas

Á hora de colgar os cadros na parede, Abeer suxire comezar co máis grande e ir colocando os demais en relación a el. "Marco na parede as esquinas superiores do cadro máis grande e poño un gancho xusto no medio, entre as dúas marcas. Unha vez posta esta peza do centro, terás un punto de referencia para seguires coas demais. Primeiro as medianas e logo as máis pequenas nas esquinas".

4. Fai algo que sexa de teu

"A miña paixón é a fotografía", di Abeer. "Cando me mudei coa miña familia a Australia, fixen unha chea de fotos da mudanza e da nosa nova cidade. Quería utilizar as nosas propias fotos para facer da casa un fogar. Así que merquei unha morea de marcos diferentes, co que tiven unha escusa para imprimir moitas delas. Hoxe en día temos tantas fotos dixitais que o feito que de ter estas impresas e enmarcadas dálles un significado especial".

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Estilismo de interiores: Lucy Tweed
Fotografía: Chris Court
Sigue a Abeer @abeer_sadiq