Visita a un fogar: cando toda a familia comparte cama
Compartir cuarto pode ser a solución á falta de espazo, pero é que ademais ten a vantaxe de que che permite achegarte aos teus. Neste pequeno apartamento urbano, o feito de compartiren cama os tres tiña sentido. Así é como lles funciona a eles…


Un espazo para compartir
Mieko e o seu home xuntaron dúas camas para faceren unha cama supergrande na que poder durmir tamén coa súa filla pequena. "Puxemos unha morea de coxíns de cores para centrar a atención na cama e deixamos o resto da decoración bastante sinxela", di Mieko. "O azul é unha cor relaxante para vivir e os mobles en madeira axúdannos a sentirnos conectados coa natureza. Xunto a cama, temos un estante para cadros cos contos da nena".
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Estilismo de interiores: Aiko Ito
Fotografía: Philippe Le Berre
Sigue a Mieko @muginoheya