Saltar

Visita a un fogar: almacenaxe de cuarto para espazos reducidos

Na planificación de espazos, non hai normas fixas, en especial cando un cuarto se emprega para diferentes funcións. Desde colgadoiros abertos ata unha oficina na casa, mira como sacamos adiante este cuarto.

Colgadoiros abertos e caixas debaixo das escaleiras.
Colgadoiros abertos e caixas debaixo das escaleiras.

Un cuarto de teu

Non deixes que o espazo te limite. Sácalle partido. O cuarto de Julia e André ten un espazo reducido, por iso aproveitaron a súa altura para construír unha plataforma de entreplanta para a cama. Aproveitaron a estrutura inferior para gardar cousas e utilizaron o resto do espazo libre para poñer os colgadoiros para a roupa de André e a oficina.

Aproveitamos a altura do teito para poñer a cama de entreplanta. Encántame como queda. O bo disto é ter o roupeiro debaixo, sen que coma espazo".

Julia

O roupeiro foi o punto de partida para acadar un estilo de vida máis dinámico. Antes mercaba moito. Moda rápida. Desde que teño parella, deime de conta de que era moito mellor ter menos".

Julia

Roupeiro á vista ou agochado

Pensa no impacto que ten unha parte do teu cuarto sobre a outra. Nalgúns casos, os roupeiros abertos quedan ben, pero André traballa aquí e non quere sentirse como se estivese vivindo nun. Non resulta nada fácil encontrar portas que encaixen, por iso, cando os visitou o interiorista Carl Braganza, engadiulle unha cortina coa que tapar a varanda de colgar a roupa, ademais dalgunhas caixas que hai nos estantes debaixo dos chanzos.

Oficina e casa, dous por un

Cómpre investir en espazos de traballo óptimos. O anterior lugar de traballo de André non era todo o cómodo que debería, por iso acabou traballando no salón. Así pois e coa axuda do interiorista Carl, optou por mercar un escritorio IDÅSEN: unha solución flexible que permite axustar as posicións de sentado e erguido mediante controis electrónicos. "Quería probar cun escritorio de pé. Mido un oitenta, por iso é estupendo que teña altura axustable!" di André.

Así se conxunta todo

A plataforma de entreplanta mide uns sete metros cadrados e esténdese sobre máis da metade do cuarto. Na parede traseira e debaixo da escaleira está o roupeiro de Julia. Ao pé das escaleiras, no recanto frontal, está a roupa de André. O seu lugar de traballo está no recanto oposto.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Interiorismo: Carl Braganza
Fotografía: Nato Welton
Sigue a Julia en Instagram: @juloxyy