Saltar

Visita a un fogar: actualización de dormitorio para a primavera

Cambia o estilo do teu dormitorio para a nova tempada, aquí mostrámosche algunhas actualizacións de primavera sinxelas para que as probes.

Un dormitorio con decoración gris e coxíns amarelos.
Un dormitorio con decoración gris e coxíns amarelos.
Aposta polas cores rechamantes Elixe unha cor que destaque, refresque o cuarto e agrupe todo o conxunto: esta tempada lévase destacar. No dormitorio de Pia, as vitrinas amarelas danlle luz ás paredes escuras; pero non todos os cambios teñen que ser tan radicais para marcar a diferenza...

A clave está nas capas Facer moitos cambios pequenos con téxtiles e accesorios é un modo sinxelo de renovar un espazo sen cambiar os mobles de maior tamaño. Proba a cambiar as cortinas grosas por cortinas de rede para que entre máis luz ou merca coloridas fundas de coxíns.

Fai que a túa cama destaque Se unha cor rechamante non é suficiente, elixe máis dunha! Engade roupa de cama multicolor e pequenos mobles nos teus tons favoritos, como este funcional tallo que se pode amorear e utilizar como mesa de noite.

Flores naturais Abre a porta á natureza cun sinxelo arranxo floral. A Pia gústalle replicar o cambio das estacións con flores silvestres do seu propio xardín.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Carl Braganza
Fotografía: Dan Duchars