Saltar

Visita a un fogar: a oficina doméstica dunha parella de arquitectos

Cando a túa casa é tamén a túa oficina e sala de exposición, paga a pena organizar o teu espazo dunha forma que se adapte a ti. O espazo de traballo/vida de planta aberta de Adam e Deborah combina funcionalidade e xogo.

Un espazo de traballo na casa con dous escritorios brancos un xunto ao outro, un cun ordenador portátil e outro cunha pantalla de ordenador e un teclado.
Un espazo de traballo na casa con dous escritorios brancos un xunto ao outro, un cun ordenador portátil e outro cunha pantalla de ordenador e un teclado.
Os arquitectos Adam e Deborah, residentes en Berlín, crearon un salón con oficina sen paredes que lles permite levar o seu negocio de forma eficiente e sen interrupcións. A iluminación funcional enfoca directamente á súa área de traballo, e todo está ben organizado grazas a unha combinación de armarios arquivadores, bandexas para documentos e estantes abertos. «Na miña opinión, a ausencia de paredes dá máis sensación de espazo. Ademais, ter os escritorios un en fronte do outro permítenos conversar e colaborar de forma moito máis fluída», explica Adam.

Gústanos moito ter as nosas cousas á vista. A altura da parede rosa pedía que fixésemos algo monumental, e acabamos experimentando co deseño e as cores das caixas EKET».

«A nosa casa é tamén a nosa sala de exposicións. É unha oportunidade para que os clientes veñan e vexan o noso traballo e como creamos o noso propio interior», explican Adam e Deborah. «Non é habitual dispoñer dun espazo así en Berlín. Ignoramos as “regras” tradicionais do espazo, non queriamos vernos restrinxidos por paredes; as estancias están menos definidas e o efecto de amplitude é maior».

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emily Henson
Fotografía: Dan Duchars
Sitio web de Deborah e Adam: noa.berlin