Visita a un fogar: a miña cociña organizada
Deseña a túa cociña para adaptarse á túa personalidade e estilo de vida. A directora creativa Jules estivo en moitas das sesións de fotos de casas que mostramos, polo que tiña moitas ideas dos propietarios coas que contar á hora de deseñar a súa propia cociña.


Para empezar, decide que obxectos queres ter á man. «Adoito quedar cos meus amigos na casa para tomar o té ou un refresco. Por iso gardo todas as cuncas e os vasos en estantes abertos», explica Jules. «Moitas tardes acendo candeas ao chegar á casa porque me axudan a relaxarme, así que sempre as teño á man tamén».
Con todo, o sistema de almacenaxe non ten por que limitarse á funcionalidade. «Durante as miñas viaxes fun mercando pratos feitos á man preciosos. Que sentido tería gardalos en armarios? Os meus favoritos gárdoos nun estante para pratos que teño sobre o mesado e os vou cambiando cando traio algún novo».
Os obxectos máis funcionais tamén merecen unha solución de almacenaxe á medida. Jules dedica un caixón aos produtos e materiais de limpeza, e usa caixas e cestas para dividilo en seccións. Así pode gardar os produtos similares xuntos e, cando lle fixer falta, só ten que sacar a caixa correspondente.
Cando Jules se mudou ao seu apartamento en Londres hai dous anos, redeseñou todo o espazo e planificou a cociña para que ocupase só unha parede e conseguir así un espazo diáfano. Para iso usou unha combinación de armarios, estantes abertos e un mesado de cemento de IKEA. Fai clic abaixo para ver o resto da súa casa.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Benjamin Edwards
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Benjamin Edwards