Visita a un fogar: 3 consellos creativos para organizar unha cociña
Pode unha cociña ben organizada deixar espazo para a personalidade? Inspírate nas ideas deste espazo de cociña organizado.


Combina expositores coa almacenaxe Usa armarios de cociña montados na parede para ocultar o que non queres que se vexa e andeis abertos para mostrar o que queiras. «Deixar un espazo entre as filas de armarios crea almacenaxe adicional, espazo para expoñer e proporciona unha impresión de lixeireza», comenta a colaboradora de IKEA Dagmara sobre os armarios da súa cociña.
Doada organización da cociña «A miúdo a xente ten pouco espazo de almacenaxe na cociña», comenta Dagmara. «Pero algunhas pequenas ideas poden funcionar ben. Os estantes para cadros e os ganchos son excelentes formas de liberar as túas superficies de traballo á vez que gozas mostrando as túas cousas e aproveitas todo o espazo de parede sen usar».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_
Deseño de interiores: Katie Phillips
Fotografía: Polly Wreford
Sigue a Dagmara en Instagram: @roomor_