Visita a domicilio: un cuarto de convidados nunha casiña da árbore
Que se considera «demasiado pequeno» cando se trata dun dormitorio de convidados? Dentro desta casiña da árbore de 10 metros cadrados, hai suficiente espazo para un dormitorio e unha pequena cociña, todo o básico para estar cómodo nas ramas da árbore. Ven connosco e mira o interior...


Pensa no almacenamento para espazos pequenos Una cociña minúscula non ten por que carecer de subministracións. Libera as superficies de traballo colgando unha barra para utensilios (o suficientemente alta para creares unha sensación de espazo, mais que siga estando ao alcance) e engade un carriño con rodas. Require menos espazo que un aparador e pódese mover alí a onde o precisares.
Opta por solucións versátiles A zona de dormitorio da casiña da árbore tamén pode facer as veces de sala. Só hai que cambiar as almofadas por coxíns. Usa focos con pinzas para que a iluminación sexa flexible. Non entorpecen o paso, apenas ocupan espazo e pódense dirixir onde for necesario ou moleste menos, como para ler na cama.
Ás portas da natureza O marido de Margaret, que é profesor de ioga, construíu a súa casiña da árbore hai 25 anos, mais non se animaron a renovala ata que un día descubriron unha morea de catálogos de IKEA antigos na tenda da súa vila. «Agora, a casiña da árbore deixámoslla aos convidados, para que se relaxen e recarguen enerxías», afirma Margaret. «Durmir á altura da copa das árbores é fantástico, e se pos uns cantos farois fóra para iluminar o camiño, créase unha sensación máxica».
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Autores
Deseño de interiores: Jason Grant
Fotografía: Alicia Taylor
Deseño de interiores: Jason Grant
Fotografía: Alicia Taylor