Saltar

Vida familiar flexible

Tres adultos e dous nenos compartindo un pequeno apartamento pode parecer unha situación difícil, pero non é preciso complicarse máis do necesario. As deseñadoras de interiores Kristina Pospelova e Kristin Perez explícannos como.

Familia de cinco membros, todos xuntos e sorrindo: unha parella cun meniño, a filla pequena e a avoa.
Familia de cinco membros, todos xuntos e sorrindo: unha parella cun meniño, a filla pequena e a avoa.

Coñece as deseñadoras

Pai, nai, dous fillos e a avoa, que queda uns días á semana para axudar. Como poden cinco apañarse con dous cuartos, un salón e un baño? "A clave é conseguir que cadaquén teña o seu sitio. Os pais teñen o dormitorio, os nenos o seu cuarto e a avoa parte do salón, que é seu, enteiro, á hora de durmir", di Kristina Pospelova.

A clave é conseguir que cadaquén teña o seu sitio. Os pais teñen o dormitorio, os nenos o seu cuarto e a avoa parte do salón, que é seu, enteiro, á hora de durmir".

Kristina Pospelova, deseñadora de interiores de IKEA

Un cuarto no cuarto da avoa

Cortiñas tupidas e suaves (dobres, de xeito que a parte frontal da tea dea aos dous lados) que separan a zona de comedor do sofá que fai esquina, o que crea un espazo de privacidade para a avoa. Unha solución de ventás que impide que entre a luz e absorbe o son. "Aquí ten todo o que precisa. O sofá cama non se pode considerar unha cama de convidados. É o seu sitio especial. Ademais ten un armario ao lado, polo que pode ter aí todas as súas cousas cando veña", di Kristin.

Máis ca un cuarto

Durante o día, a vida familiar desenvólvese no salón e na zona de comedor, polo que o dormitorio se convirte nun espazo para algo máis que só descansar. É o lugar no que os pais traballan, poñen ao día as súas redes sociais e ven as súas series favoritas. "O armario PAX ten portas corredizas, que veñen estupendamente cando non hai moito espazo. Xunto cos armarios por riba da cama, proporciona o espazo de almacenamento necesario. A solución da cortina tamén é moi práctica. Non só porque cubre a ventá, senón porque tamén cubre a parede e permite agochar máis espazo de almacenamento. Sobre todo, protexe do ruído da cidade e converte o cuarto nun refuxio", di Kristina.

Deixa o baño libre

Compartir un único baño con máis xente pola mañá pode ser, no mellor dos casos, algo estresante. Un lavabo de dobre pía facilita bastante as cousas, igual que os caixóns da unidade de embaixo, que fan máis sinxelo atopar as cousas. "Para deixar libre o baño, tamén creamos unha pequena estación de maquillaxe no cuarto e colocamos un espello grande na entrada", di Kristina.

Almacenamento pechado: listo para coller e marchar

O almacenamento sempre é un reto, tanto se é para unha casa grande como pequena, pero se tes pouco espazo, cómpre algo máis de creatividade. Neste apartamento practicamente todo o almacenamento está pechado para manter os cuartos o máis ordenados posible. "A entrada é o único sitio con almacenamento aberto. É a zona máis pequena da casa, pero a máis transitada. Aquí atopas as cousas axiña, cóllelas e saes liscando pola porta", di Kristin.

Mobles que crecen contigo

Aínda que os nenos pasen de cativos a adolescentes en menos do que nos poidamos imaxinar, é posible deseñar os seus cuartos para que lles sirvan anos. "Nesta familia comparten cuarto unha nena de 5 anos e o seu irmanciño pequeno. Ao escollermos mobles que crezan con eles, como unha cama extensible e un escritorio que se pode colocar a varias alturas, estamos optando por unha solución que lles vai durar tempo", di Kristina.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Kristina Pospelova e Kristin Perez
Fotografía: Karl-Johan Hjertström