Saltar

Unhas minivacacións de hotel sen saíres da casa

Toma un ben merecido almorzo! Así poderás darlle o toque vacacional que queres en nada de tempo. Estes consellos a medida, que van das 2 horas aos 5 minutos, son o mellor dos agasallos que podemos ofrecerche.

Coidada mesa con comida a domicilio ao lado da cama, a modo de hotel.
Coidada mesa con comida a domicilio ao lado da cama, a modo de hotel.

5 minutos

Unha pausiña

Bebe auga dun vaso elegante. Sírvete auga de coco e cubos de xeo con bagas e herbas conxeladas. Pon unha toalla fría sobre a fronte e os ollos. Tómbate. (Se isto for nunha época fría, utiliza mellor unha toalla quente e bebe algo do tempo).

30 minutos

Reláxate, o tempo é teu

Abre a fiestra, pon os pés no peitoril e somérxete nunha boa lectura. Ou por que non facer un tour virtual por un museo? Sexa como for, o mar de coxíns e fundas farán que a comodidade sexa total.

1 hora

Unha minisesión de spa

Mete no carriño as cousas que precises para a túa sesión de spa, así sempre as haberás ter á man chegado o momento. Colga lavanda, romeu ou eucalipto no cabezal da ducha e deixa que o vapor faga o resto. E xa está, o teu baño preparado para a túa sesión de spa.

90 minutos

Regálate un día de hotel sen saíres da casa

Fai un pedido de comida a domicilio; proba comidas novas, como se estiveses de vacacións, prepara unha mesa á altura das circunstancias e goza dunha boa comida.

2 horas

Vemos unha peli?

Pon o pixama, colle un cunco de flocos de millo e baixa os estores. Utiliza un soporte para o portátil, enfoca a luz cara outro lado para evitar reflexos e xa tes o teu cine na casa montado para te evadires a outros mundos.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Interiorismo: Gretchen Broussard
Fotografía: Måns Jensen
Redacción: Henrik Annemark