Saltar

Unha nova forma de crear

Deseño para construír pontes, non muros. Unha colaboración estreita entre deseñadores de cinco países africanos e IKEA achega unha nova perspectiva. O resultado é ÖVERALLT, unha nova colección de mobles, louza e téxtiles que nos invita a conectar coas persoas.

Unha muller con roupa de cores sentada nunha randeeira.
Unha muller con roupa de cores sentada nunha randeeira.

Novos comezos

En 2017, IKEA uniu forzas con Design Indaba, en Cidade do Cabo, para aprender máis sobre deseño contemporáneo africano. Esta colaboración conduciu a ÖVERALLT, unha colección creada por deseñadores do eido da moda, a escultura, a arquitectura e a moblería africanos en conxunción con deseñadores de IKEA. "Pensamos que o deseño pode solucionar problemas de vello", din Hend Riad e Mariam Hazem, de Reform Studio.

Faino teu

A colección ÖVERALLT inclúe mobles, louza, téxtiles e unha cadeira de contrachapado do deseñador e arquitecto Issa Diabaté, que colaborou co deseñador de IKEA Kevin Gouriou. Issa creou un deseño sinxelo, unha tea branca que convidaba á personalización e a conexión. "Dependendo de onde se monten os deseños, poden adoptar distintas personalidades", di.

Historias persoais

Sindiso Khumalo e Renee Rossouw traballaron coa deseñadora de IKEA Johanna Jelinek para crearen atrevidos téxtiles para a colección. "Quería deseñar un tecido que representase Suráfrica con orgullo", di a artista e arquitecta Renee, de Cidade do Cabo. "Por iso propuxen un traballo co meu animal favorito, o elefante africano. É un animal moi fermoso e intelixente que sabe ben como coidar as súas crías".

Durante o proceso de deseño, foi interesante ver que tiñamos máis cousas en común que diferenzas, mesmo tendo distintos enfoques".

Sindiso Khumalo, deseñadora téxtil

Combinacións creativas

A colección ÖVERALLT de edición limitada tamén inclúe unha randeeira para interiores e exteriores e un repousapés obra do deseñador senegalés Bibi Seck, que traballou co deseñador de IKEA Mikael Axelsson. A Bibi ocorréuselle a idea mentres estaba sentado no xardín da súa nai, en Dakar. "Así é como o deseño empequenece o mundo e achega persoas de distintas culturas", di Bibi.

O termo reforma é un paraugas para os moitos 're': unha recreación dunha idea existente, unha renovación de obxectos, unha reutilización de materiais, unha reanimación de culturas e unha reforma do noso mundo".

Hend Riad e Mariam Hazem de Reform Studio

Novas posibilidades

Deseñado por Hend Riad e Mariam Hazem, o bolso ÖVERALLT é unha bolsa preocupada pola sustentabilidade. As súas brillantes tiras tecidas de material similar ao fío
están feitas de material sobrante da produción de bolsas de patacas fritidas. Concibido baixo o concepto de reutilización, Hend e Mariam agora están centrados en probar e explorar novas formas de converter os residuos en novos materiais ecolóxicos.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

ÖVERALLT á venda en maio!