Saltar

Unha mesa posta para as festas

Queres un Nadal tradicional pero cun toque moderno? Opta por unha base branca con detalles en vermello e azul. Engade un pouco de verde (e de olor!) con poliñas de abeto e emprega luces para crear un ambiente cálido. Listo. A mesa xa está posta!

Cuarto grande e luminoso con poucos mobles, agás unha longa mesa posta para unha celebración. Unha árbore de Nadal nun extremo e estrelas de papel no teito.
Cuarto grande e luminoso con poucos mobles, agás unha longa mesa posta para unha celebración. Unha árbore de Nadal nun extremo e estrelas de papel no teito.

Que brille!

Poucas cousas poden contribuír tanto ao estado de ánimo como a luz. Por iso, para este ano, pon na mesa tantas luceciñas, farois e candeas como queiras. O único importante é que te asegures de deixar sitio para os teus convidados.

Pasan tantas cousas durante o Nadal e hai tantas cousas para as que nos gustaría ter máis tempo que o mellor é simplificarmos todo o que se poida. Por exemplo, cunha mesa que se poida preparar rápido e que quede bonita. Parte dunha base branca, pendura estrelas de papel do teito, engade grilandas de luz, candeas e, por riba de todo, a túa decoración favorita de Nadal. Xa o tes".

Nina Parkeborn, deseñadora de interiores de IKEA

Se xa cansas da túa mesa de diario, a solución pode ser tan sinxela como vestila dun xeito un pouco diferente Escolle un mantel colorido, de debuxos. Xa verás como os teus pratos e vasos vellos che han parecer novos".

Nina Parkeborn, deseñadora de interiores de IKEA

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.