Saltar

Unha festa para os sentidos

Tanto ten se levas toda a mañá cociñando ou se decidiches chamar para que che traian a comida, poñer a mesa mesturando a túa vaixela favorita con outros obxectos que che gusten fará dese momento algo aínda máis delicioso.

Sección dunha mesa de comedor cun bonito servizo para un, con cores, materiais e formas combinados.
Sección dunha mesa de comedor cun bonito servizo para un, con cores, materiais e formas combinados.

Dálle xeito!

Mestura pratos e cuncos de formas e cores que contrasten para unha mesa cun aspecto gráfico. Varias capas de manteis individuais (por que usar só un?) e panos de mesa de papel a xogo poden darlle un toque divertido.

Un toque de natureza

Parte dunha base neutra branca, engade materiais naturais e ponlle detalles en azul. O resultado é unha mesa que respira tradición e vida no campo.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.