Saltar

Unha festa de Ano Novo chea de lunares

Canso das típicas festas de Ano Novo? Nós tamén. Así que creamos unha decoración que xira arredor das mesturas, o baile, a risa e os recordos. Pon a proba as nosas ideas para organizar unha festa económica, doada e divertida coa que celebrar que o ano remata e comeza unha nova volta arredor do Sol.

Patio de madeira con grilandas de luces que leva a unha festa de Ano Novo con farois de lunares no interior.
Patio de madeira con grilandas de luces que leva a unha festa de Ano Novo con farois de lunares no interior.
Decidimos ir a por todas e organizar unha festa de lunares. Por que? Os lunares crean un ambiente moi divertido e son doados de facer, polo que nos permiten decorar calquera lugar, como é o caso deste garaxe. Eliximos o branco e o negro para conseguir un resultado un pouco máis elegante, pero mesturámolos co amarelo para poñer unha nota de alegría. Deseguido, personalizamos diferentes obxectos, como as lámpadas de papel e os sombreiros. Os convidados poden vestir de lunares ou coas cores da festa. Os mobles e as teas de forma circular combinan coa temática. Os obxectos amontoables e lixeiros brindan toda a flexibilidade necesaria para cambiar as cousas de sitio durante a festa.

Aínda que teñas moitas mesas que inviten a probar de todo, podes impresionar os teus convidados cunha cea formada por varios pratos. Abonda con que poñas cada cousa nun recipiente de cristal, no canto de empregar pratos e cuncas. Deste modo, serache máis doado colocar os pratos (ponos en liña e ve enchendo cada un deles), servilos (ve pasándoos un a un) e lavalos (amoréaos, lávaos e repite a operación). Puxemos lunares de vinilo en copas IKEA 365+, para que cada convidado recoñeza a súa. Elixe recipientes cos que se poidan empregar garfos, culleres... ou os dedos. Os coitelos son máis problemáticos. Serve a comida en roldas ou toda á vez.

Non importa onde se celebre a festa: o mellor é estar coa xente que che importa. Utiliza os obxectos dunha forma creativa. No noso garaxe había un gran banco de traballo que convertemos nunha mesa de DJ. O taboleiro das ferramentas serviu para colgar as bolsas de confeti (feitos con anacos de papel). Tamén puxemos unha grilanda luminosa para crear un ambiente festivo. Decora a bicicleta ou o cortacéspede. Converte os caixóns en bandexas para servir ou utiliza unha mesa de centro para deixar os pratos usados.

E se hai cousas no garaxe, o soto ou onde celebres a festa que non se poden mover ou non queres que se vexan, abonda con cubrilas. Pintamos un feixe de lunares nunha tea DITTE, e empregámola para cubrir uns estantes abarrotados de cousas. É un xeito rápido de causar unha boa impresión. Esa tea tamén pode servir para colgar fotos, por exemplo.

E por último, mais non por iso menos importante, organiza unha foto sinxela na que saian todos. Para a nosa, recortamos grandes letras de papel para formar as palabras FELIZ ANO NOVO. Deixa que os convidados fagan as fotos que desexen con esas letras, ou organiza unha foto de todo o grupo. Despois poderás enviarlles esa foto por correo, para que recorden o moito que se divertiron esa noite e as persoas coas que estiveron.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autores
Deseño de interiores: Emilia Ljungberg
Fotografía: Sandra Werud