Unha cociña moi sueca
Hai moitas cousas que nos recordan a Suecia, como por exemplo as albóndegas e o café. Acontece o mesmo coas cociñas? Como son exactamente as cociñas suecas? Coámonos na cociña dunha das nosas decoradoras para descubrilo. Aquí explicámosvos o que aprendemos.


As nosas deseñadoras inspiráronse en Karin e Carl Larsson, dous artistas suecos que publicaron un libro de acuarelas no que amosaban a súa vida familiar. «Naquel entón, hai ao redor de 100 anos, a mesa da cociña empregábase unicamente para comer», explica a decoradora Kerstin Bohne. «O seu libro foi revolucionario porque todas as estancias eran aptas para nenos. Nós collemos esa idea e actualizámola poñendo dúas mesas grandes xuntas e moitas cadeiras diferentes arredor para poder facer cousas con familiares e amigos (cear, facer deberes, xogar, plantar sementes, etc.)».
As nosas deseñadoras deseñaron a cociña de forma que os nenos se sentisen cómodos nela. Teñen caixóns para gardar lapis, folios, deberes e xogos, e un tallo para chegar aos sitios máis altos. A amplitude do espazo e os mesados grandes sobre os armarios baixos van moi ben para que os nenos axuden a preparar a comida. Tamén poden axudar a clasificar os residuos, regar as plantas e poñer a mesa.
«A sensación de sentirse preto da natureza e o feito de vivir dunha forma sostible forman parte da cultura sueca». As nosas deseñadoras elixiron as frontes de caixón TORHAMN porque son de estilo rústico. Tamén puxeron moitas plantas para que os nenos aprendan cousas sobre os alimentos e a sostibilidade. As fiestras grandes e sen cortinas permiten, dalgún modo, que o exterior entre dentro de casa; iso tamén é algo tipicamente sueco. «Non temos moitos días de sol, así que cando sae o aproveitamos ao máximo.»
Os Larssons empregaban moito o vermello, o branco, o verde e o amarelo; porén, esta cociña parece que se achega máis ao estilo sueco moderno. «É unha cociña que combina a sinxeleza do estilo sueco coas técnicas de sostibilidade modernas». Os estantes FALSTERBO son un bo exemplo diso. As súas liñas son finas e modernas, mais o detalle dos caixóns pequenos que se inclinan ao abrilos dálle certo aspecto tradicional. «É unha cociña ampla e despexada, moi acorde co estilo sueco».
Autores
Diseño de interiores: Martina Andersson / Jenny Blomqvist
Fotografía: Mårten Linton