Saltar

Unha cea do Nadal sen ter que cociñar

Aquí deixámoste como organizar unha cea sen ter que cociñar nada nin ter que usar nin un prato. E sabes que é o mellor? Podes encontrar a maioría destes produtos na túa tenda IKEA.

Unha vista aérea dunha longa mesa azul rodeada de cadeiras azuis cunha morea de comida pronta para comer.
Unha vista aérea dunha longa mesa azul rodeada de cadeiras azuis cunha morea de comida pronta para comer.
Esquécete de vestir a mesa demasiado. Prepara a mesa usando unha variedade de táboas de cortar de madeira de estilo rústico colocadas ao longo da mesa de comedor.

Toda comida de inverno precisa un pouquiño de pan. Recomendámosche pan multicereais feito coa nosa mestura preparada, pan crocante, galletas salgadas e tortillas de trigo.

Agora é o momento de sacar o máis saboroso. Prepara unha gran variedade de carnes e queixos para elaborar a táboa de embutidos definitiva.

Logo, todo o verde. Corta as hortalizas e distribúeas con esmero en recipientes de cristal creando unha rechamante escena.

Para que a comida sexa un pouco máis substanciosa, engade algunhas salsas e entrantes quentes. É posíbel que non sexamos moi imparciais, pero os nosos pasteliños de queixo e as nosas albóndegas de carne e vexetarianas son deliciosas opcións.

Por último, algúns toques finais. Os pequenos aperitivos, que sempre son os primeiros en desaparecer, como olivas e froitos secos. E como elemento decorativo, pon algunhas grilandas luminosas ao longo dos bordos das táboas de cortar.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Creado por
Deseño de interiores: Fredrik Biel
Fotografía: Mårten Linton
Texto: Vanessa Algotsson