Un sofá cama flexible para a vida moderna, descubre FLOTTEBO!
Cando veñen amigos ou familiares á túa cidade, non lles podes ofrecer un cuarto de invitados ou unha cama para durmir? Todos os cuartos están ocupados ou só tes un dormitorio? Pero, que pasa cos sofás cama? Con FLOTTEBO vas descubrir que existen modelos deste moble que non só son cómodos e funcionais, senón que tamén poden ser un elemento decorativo espectacular no teu salón. A nós parécenos unha marabilla para estudios de solteiro ou solteira ou para pisos pequenos. Pode ser un sofá de deseño polo día e unha confortable cama pola noite; ata ten espazo de almacenaxe! Deixa que o teu fogar se abra de par en par como o fai FLOTTEBO.


Un sofá cama que se adapta a ti
Acaso hai un lugar do teu fogar que sexa máis flexible e versátil que o salón? Pasamos nel moitísimo tempo e hoxe en día usámolo para todo: dende ver series deitados no sofá, ata ler un bo libro, almorzar, comer, xogar cos nenos... É o epicentro de calquera fogar que se prece!
E este sofá cama tamén se adapta perfectamente ás diferentes actividades que queiras realizar con el e nel. Conta cuns coxíns de respaldo soltos que poden personalizarse para adecuarse ao modo no que te sentas e cambiarse doadamente cando pases a outras actividades. Vamos, que se adapta el a ti!
Moito máis que un sofá: descubre a súa almacenaxe secreta
Nos fogares de hoxe en día necesitamos que un mesmo moble sirva para varias cousas. Neste caso, non só temos un sofá e unha cama, senón que ademais contamos cun espazo de almacenaxe extra no salón.
FLOTTEBO conta cun colchón de resortes embolsados e cun asento tradicional que se adaptaron á perfección para engadir almacenaxe onde gardar a roupa de cama e así aproveitar este valioso espazo secreto. Encántannos as solucións pensadas para fogares versátiles!
Ademais, non te preocupes porque os coxíns se descoloquen ao abrilo, porque non o farán! Os coxíns de respaldo soltos agárranse ao sofá para poder levantar o colchón e acceder ao espazo de almacenaxe sen que se movan nin un centímetro. Outra batalla ganada á desorde!
Fixácheste en que os sofás cama tradicionais teñen un aspecto de día e un completamente distinto de noite? Neste caso a súa imaxe non varía, mantense intacta sempre con este deseño que encaixa en todo tipo de fogares. Imaxínao nun salón clásico: cadra. E nun salón moderno, tamén. E nun minimalista? Oe, tampouco queda nada mal!
De feito, o obxectivo das súas deseñadoras era crear unha especie de "plataforma" para todo tipo de actividades que encaixase en calquera salón. Tal e como vemos nesta foto, cuns cantos coxíns extra e un punto de luz directa, podemos ter o recuncho de lectura máis cómodo e versátil que xamais imaxinásemos.
Un sofá personalizable e adaptable
Os coxíns de respaldo para un sofá cama son fundamentais para que se converta nun moble máis flexible e adaptable ás diferentes situacións: Queres ler? Podes poñelos os dous xuntos para un mellor apoio. Vaste deitar a durmir a sesta? Quizais che sobren os coxíns de respaldo e prefiras quedar soamente cos tradicionais, máis moles e menos firmes. A cuestión é ter un lugar onde estar cómodo fagas o que fagas!
Pero, ollo! Porque a flexibilidade non ten que ser oposta á comodidade. E nós sabemos de sobra que estes coxíns de "quita e pon" moitas veces se moven e resultan incómodos. Para que iso non pase con FLOTTEBO, deseñamos os seus coxíns fixándonos en obxectos como as alfombras de baño ou as luvas de moto, todo co fin de crear un material antiescorregante.
Por último, xa sabes que para gustos, cores. E neste caso podes elixir entre o beixe, o gris ou este verde tan espectacular, só apto para valentes!
Fogares flexibles, cómodos, bonitos e seguros: iso é o máis importante!