Un santuario onde quedar todo o día
Recordas cando «vaite ao teu cuarto» era unha ameaza? Agora é máis un lugar de recreo, non? Descanso. Lectura. Folgar. Ahhh. Bótalle unha ollada a este dormitorio onde podes quedar durante horas e facer o que queiras.


Íllate da luz e do mundo no teu propio espazo privado. Usa un separador de espazos, que ten todas as guías e ganchos necesarios para colgar cortinas do teito e rodear a cama. Engancha coxíns no cabeceiro para maior comodidade e para insonorizar o espazo. Para darlle un toque divertido, utiliza barras de cortina e engánchalles coxíns con argolas de cortina con clips. Garda a roupa tras unhas portas. Garda en mesas de noite todo o que che faga falta e controla a luz cun regulador de intensidade sen fíos para que non teñas que saír da cama.
De cando en vez, sal da cama e cambia de ambiente sen abandonar o cuarto. Escapa ao teu recanto de lectura. Nesta randeeira de liñas curvas caben dúas persoas. (Coidado: o movemento da randeeira pode provocar somnolencia). Varias colchas e coxíns garanten a comodidade, mentres que unha luz extensible evita que haxa que forzar a vista.
Dálle renda solta á túa creatividade mentres gozas dun café nunha gran mesa. Para dar unha sensación de relaxación propia da suite dun hotel, utiliza unha decoración minimalista. Os armarios de parede flotantes contribúen a manter ordenado o cuarto ao exhibir e almacenar as túas cousas no seu interior (realmente trátase de armarios de cociña que se adaptan mellor a un teito inclinado). Unha lámpada de teito permíteche ver o que fas, aínda que haxa alguén durmindo.
Cando sexa necesario atravesar a porta do dormitorio, faino doado. Un espazo xunto á porta cun colgadoiro, un banco con almacenaxe e uns cantos ganchos permite deixar todo o que traes da rúa cando chegas á casa. Bolsos, zapatos, roupa para cambiarte: todo o necesario está ben organizado e á túa disposición para que o collas sen pensar.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.
Creado por
Deseño de interiores: Emma Parkinson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer
Deseño de interiores: Emma Parkinson
Fotografía: Andrea Papini
Texto: Marissa Frayer