Saltar

2 sofás cama para que os teus convidados se sintan como na casa

Seguro que haberá ocasións nas que precises ter unha cama adicional para recibir convidados na casa, aínda que sexa pequena. Cun sofá cama cómodo, poderás ter a sala de estar perfecta para relaxarte, traballar, comer, ver varios capítulos dalgunha serie e, se é necesario, durmir. Toma nota destas ideas para converter a túa sala de estar nun cuarto de convidados improvisado!

Sofá, cama e solución de almacenaxe: 3 en 1 e económico

Onde gardas os edredóns de reposto? Para a maioría, atopar o lugar idóneo para gardar as cousas, xa sexan grandes ou pequenas, é todo un desafío. Se escolles un sofá cama con almacenaxe integrada, terás o sitio perfecto para gardar a roupa de cama. Ademais, será aínda máis sinxelo converter a sala de estar nun cuarto de convidados e viceversa.

Neste caso, escollemos o noso sofá cama FRIHETEN, un dos máis versátiles e económicos. Un todo terreo ideal para casas de estudantes, pisos compartidos ou casas con nenos, pois é resistente e doado de limpar (cun pano húmido ou coa aspiradora), e convértese nunha cama supergrande.

Un sofá con estilo que tamén é sofá cama

GRÖNLID é un sofá cama de apertura italiana moi sinxelo de pregar que ten un colchón groso que o fai aínda máis cómodo. E iso se o usamos unicamente como cama para durmir, xa que, como é extraprofundo, tamén é perfecto para acurruncharse neses días de relax.

Outros elementos indispensables para a sala de estar (ou para un cuarto de convidados) son os coxíns e as mantas para crear un espazo do máis acolledor para relaxarse e descansar. O ideal é que escollas tonalidades que combinen coa túa sala de estar e logo merques un xogo de sabas e funda nórdica adicional que se axeite a estes tons, para cando o teu sofá se converta en cama. Deste xeito, grazas á harmonía do espazo, os teus convidados sentiranse como na casa.

Velaquí tes máis ideas para crear o cuarto de convidados perfecto con mobles flexibles e multifuncionais que ocupen pouco espazo!

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.